miércoles, 15 de mayo de 2024

PALESTINA REMEMORA A "NAKBA" 76 ANOS DESPOIS

 O día 15 de MAIO de 1948 máis de 700.000 palestinos foron expulsados das súas casas e deberon emprender un éxodo que os levaría a campos de refuxiados nos países veciños de Xordania e Líbano.

Hoxe calcúlase que os seus descendentes suman uns 5 millóns de persoas que permanecen neses campos e aínda conservan as chaves das súas casas coa esperanza de volver algún día.

Pero en maio de 2024 tras 7 meses de guerra en Gaza, están vivindo de novo un desprazamento masivo que fai pensar nunha segunda "Nakba".

Aquí o recolle moi ben este vídeo de RTVE:

miércoles, 1 de mayo de 2024

VIAXE A ANDALUCÍA 4º ESO 2024

 Estas son algunhas das fotos da VIAXE DE FIN DE CURSO que realizaron os alimnos/as entre os días MÉRCORES 24 E LUNS 29 DE ABRIL a Andalucía.

Visitaron as cidades de Sevilla, Córdoba, Granada e Málaga acompañados polos profesores Viaño e Mónica.

PINCHA AQUÍ

En Sevilla visitamos a PRAZA de ESPAÑA, a CATEDRAL e a XIRALDA, o REAL ALCÁZAR, paseo en barco polo GUADALQUIVIR e a TORRE do OURO e a cidade en barrios como Santa Cruz e as Setas.
En Córdoba, o conxunto arqueolóxico de MEDINA AZAHARA, a MESQUITA, o barrio da XUDARÍA e os PATIOS.
En Granada, a CATEDRAL, a CAPELA REAL,  a ALHAMBRA, o XENERALIFE, o PALACIO de CARLOS V e na cidade a Praza Bib-Rambla, a Alcaicería e o Corral do Carbón e o Mirador de San Cristóbal.
En Málaga, tivemos unha visita guiada polo centro da cidade xunto á ALCAZABA, TEATRO ROMANO, CATEDRAL e Praza da Constitución e Calle Larios.