En 1945 cando remataba a 2ª Guerra Mundial nacía a ONU, Organización das Nacións Unidas, tras reunirse os delegados de 50 países na Conferencia de San Francisco para redactar o documento fundacional.
O 25 de Xuño de 1945 na última sesión da Conferencia de San Francisco foi aprobada por unanimidade a Carta das Nacións Unidas
Hoxe está formada por 193 Estados membros e dous Estados observadores Palestina e o Vaticano.
O pasado 22 de Setembro comezaba a reunión anual da Asemblea Xeral en Nova York onde o Secretario Xeral, Antonio Guterres, daba un discurso con motivo do 80ª aniversario da creación das Nacións Unidas. Nel rendía homenaxe ao legado da Organización, destacou os seus logros históricos e lanzou un chamado urxente á unidade e á renovación do multilateralismo fronte aos desafíos actuais.
"Hoxe o sistema multilateral afronta graves ameazas", afirmou, como o dereito internacional pisoteado en Gaza, Ucraína e Sudán. Pero tamén unha serie de crises globais: o aumento da pobreza e a fame, o estancamento nos Obxectivos do Desenvolvemento Sustentable e o caos climático que avanza con inundacións, incendios e temperaturas récord.
Pero este ano será lembrado tamén por varios motivos: a intervención do presidente de Estados Unidos, Donald Trump, a do mandatario de Israel, Benjamin Netanyahu, e tamén porque nos días previos moitos países recoñeceron a Palestina como Estado ata un total de 157 países.
Trump arremete contra a ONU desde a Asemblea Xeral:
Tamén foi histórico o momento en que o primeiro ministro de Israel, Benjamin Netanjahu, fixo a súa intervención ante a Asemblea Xeral quedándose practicamente so polo abandono da maioría dos países que lle fixeron un boicot en protesta pola masacre en Gaza.
E, por último, a situación dramática en Gaza con máis de 66.000 mortos fixo que nos últimos días moitos países decidiran recoñecer a Palestina como Estado, sendo un total de 157 países.
No hay comentarios:
Publicar un comentario