martes, 29 de diciembre de 2020

ACORDO DO BREXIT

 No ano 2016 Reino Unido votou a súa saída da Unión Europea por unha marxe mínima de votos.

VOTACIÓN EN 2016

Pasaron 4 anos e chegou o momento de asinar o acordo que recollera as condicións nas que quedaría a relación coa UE en diversos temas.

Neste enlace a unha noticia de El País faise un resumo de como serán as relacións nos diversos campos a partir do 1 de xaneiro de 2021.

Pincha na imaxe


martes, 15 de diciembre de 2020

ELECCIÓNS PRESIDENCIAIS EN ESTADOS UNIDOS EN 2020

 O MARTES 3 de NOVEMBRO de 2020 celebráronse as eleccións máis reñidas pois ata o LUNS 14 de DECEMBRO non se puido dar por definitivo os resultados.

Houbo que esperar ata o ese día para que os membros do Colexio Electoral votaran confirmando a vitoria do candidato demócrata Joe Biden. A razón desta demora foi a negativa de Donald Trump a aceptar os resultados e alegar que houbo fraude nas votacións, algo que non era verdade e non podía demostrar.


Aquí temos un enlace a máis datos dos resultados:

https://elpais.com/especiales/2020/elecciones-estados-unidos/resultados/

O COLEXIO ELECTORAL CONFIRMA A VITORIA DE JOE BIDEN


viernes, 3 de julio de 2020

RUSIA: PUTIN PRESIDENTE 2000-2036?

Este mércores 1 de Xullo de 2020 o pobo ruso votaba nunhas eleccións unha reforma da súa Constitución.
Esa reforma supón a posibilidade de que Putin poida presentarse de novo ás eleccións e ser reelixido presidente outras dúas lexislaturas que o levarían a ocupar o cargo ata 2036.
Cabe reseñar que foi presidente desde 2000 ata 2008, logo 1º ministro desde 2008 ata 2012 co presidente Medvédev, e logo volveu ser elixido presidente esta vez con cargos de 6 anos, tras reformar a Constitución, desde 2012 ata 2024.
Unha ampla maioría votou a favor e respalda as reformas que permitirán a Putin presentarse de novo en 2024 e converterse no mandatario máis lonxevo que Stalin ou a tsarina Catalina a Grande.
Nestes enlaces temos dúas noticias que explican o alcance desta reforma constitucional :





domingo, 14 de junio de 2020

DISTURBIOS RACIAIS EN ESTADOS UNIDOS

O pasado 25 de maio un cidadán negro chamado George Floyd morría na cidade de Minneapolis (Minnesota) ao ser arrestado pola policía. Morría asfixiado baixo o xeonllo dun policía branco que o mantivo durante máis de 8 minutos nos que lle advertía "I can´t breath" (non podo respirar).
O pasado martes 9 tivo lugar o seu funeral. Pero desde ese día ata hoxe houbo manifestacións en todo o país que se foron sucedendo en case todas as cidades do país.
Este asasinato é un episodio máis da violencia policial que sufre de forma desigual a comunidade negra.
As protestas percorren o país de costa a costa como vemos neste mapa:

Así, o pasado din de semana houbo marchas en moitas cidades, entre elas Washington a onde chegaron milleiros de persoas:

Pero estas protestas non son novas senón que levan repetíndose desde hai moitas décadas como se recolle neste artigo do xornal "El País" :

viernes, 8 de mayo de 2020

75 ANIVERSARIO DA 2ª GUERRA MUNDIAL


Un 8 de Maio de 1945 Alemaña asinaba a rendición en Berlín poñendo fin a unha guerra que durara 6 anos e deixaría 60 millóns de mortos.
Pero ese día a guerra aínda non rematara de todo, no Pacífico seguiría varios meses máis ata a rendición de Xapón
E en Europa como descubrirás neste artigo do xornal "El País" non supuxo a fin do sufrimento da poboación civil.

https://elpais.com/internacional/2020-05-07/lo-que-no-acabo-el-8-de-mayo-de-1945.html


martes, 10 de marzo de 2020

EXCURSIÓN A FERROL MARZO 2020

O pasado MARTES 3 de MARZO o alumnado de 4º fixo unha excursión a Ferrol acompañados polas profesoras Lourdes e Mónica.
Realizamos varias visitas a lugares que representan o "Ferrol da Ilustración" como o Arsenal, o Museo da Construción Naval (Exponav) e o Barrio da Magdalena.
Pola mañán, tras a visita ao Arsenal, visitamos a fragata F-102 "Almirante Juan de Borbón" onde acompañados dun oficial percorremos diferentes dependencias como a ponte de mando, as cubertas, así como diversas explicacións sobre a vida a bordo e as misións.
Pola tarde, completamos a visita co Castelo de San Felipe.

Ver máis fotos




lunes, 9 de marzo de 2020

O ALUMNADO DE 1º ESO VISITA LUGO

O pasado xoves día 5 de marzo, o alumnado de 1º ESO visitou a cidade de Lugo nunha saída didáctica organizada polo Departamento de Xeografía e Historia.
Durante a mesma puideron contemplar parte dos fondos arqueolóxicos do Museo Provincial, en particular os restos preshistoricos, da Cultura Castrexa e da Época Romana.
Despois visitaron a casa romana DOMUS do MITREO, que contén no seu interior un templo dedicado a Mitra, e o Centro de Interpretación de Muralla.
A visita remata cun percorrido pola rolda da Muralla, que este ano veuse afectado pola chuvia que os sorpendeu durante o mesmo.

viernes, 31 de enero de 2020

REINO UNIDO DEIXA HOXE A UE TRAS 47 ANOS

Tras celebrarse en xuño de 2016 o referendo sobre a permanencia na Unión Europea no cal por un estreito marxe venceu a opción de retirarse, chegou o día tras varios anos preparando a saída e hoxe ás 12 da noite Reino Unido deixa de formar parte da Unión Europea.




lunes, 6 de enero de 2020

DESDE 2020 PAÍSES BAIXOS, NON HOLANDA

O nome oficial do país foi sempre PAÍSES BAIXOS e a partir de xaneiro de 2020 o seu goberno proponse ser coñecido únicamente como Países Baixos e non Holanda.
Era coñecido popularmente como Holanda en parte por culpa do propio Goberno e da súa Oficina de Turismo que o promocionaron así desde os anos 90. Tratábase de atraer visitando a dúas das 12 provincias que formaban o país: Holanda do Norte con cidades como Amsterdam e Haarlem e Holanda do Sur con cidades como La Haya, Rotterdam, Leiden.
O cambio de nome responde a unha campaña para promocionar aos Países Baixos como un lugar moderno usando un novo logotipo en inglés Netherlands (Países Baixos) coa abreviatura NL que sustituirá a Holland usado ata agora.

Os dous logotipos



Aquí hai enlaces a 2 artigos que explican as razóns que levan a buscar este cambio:
La Voz de Galicia:

El País:

Outros enlaces con máis información: 

OS PÓLDERES


A ORIXE DOS TULIPÁNS


OS TULIPÁNS DE HOLANDA








HISTORIA DE DÚAS PINTORAS

Con este título o Museo do Prado organiza unha exposición a SOFONISBA ANGUISSOLA e a LAVINIA FONTANA.
Son dúas pintoras italianas que viven no século XVI e foron pioneiras na historia da pintura. Foron decisivas para abrir o camiño a pintoras que virán despois rompendo con esteriotipos sociais da época que non asignaban ás mulleres capacidade de ser profesionais.
Pero elas chegaron a ser pintoras moi recoñecidas, admiradas na súa época e logo co aso do tempo foron esquecidas na Historia da Arte.
Agora desde o 22-10-2019 ata o 2-2-2020 o Museo do Prado recolle con case 60 obras que reúnen por primeira vez os traballos fundamentais de dúas pintoras que foron moi apreciadas na época.