miércoles, 9 de noviembre de 2016

ELECCIÓNS EN ESTADOS UNIDOS 2016

Este martes 8 de Novembro de 2016 tiveron lugar as eleccións presidenciais en Estados Unidos.
Contra todo pronóstico, o candidato republicano Donald Trump gañou as eleccións á candidata demócrata Hillary Clinton.


REVOLUCIÓN FRANCESA

Este vídeo recolle un documental de History Channel que recolle como nunha película a recreación da Revolución Francesa.

Aquí temos dous vídeos de ARTEHISTORIA sobre Napoleón e o seu Imperio.




miércoles, 2 de noviembre de 2016

LUTERO

A punto de cumprirse 500 anos da Reforma de Lutero, o Papa Francisco viaxa a Suecia buscando a reconciliación.
Pincha na imaxe






                        


FERROL 2016

Pincha na imaxe para ver as fotos

O xoves 20 de Outubro os alumnos de 4º realizaron unha excursión a Ferrol. Visitaron o Arsenal, o Museo Naval, o barrio da Magdalena e o Castelo de San Filipe.


miércoles, 19 de octubre de 2016

viernes, 24 de junio de 2016

REINO UNIDO ABANDONA A UNIÓN EUROPEA

Reino Unido votou o venres 23 de xuño de 2016 un referendo histórico no que pon fin a 43 anos de permanencia na UE.
Este resultado marcará un feito histórico na historia da UNIÓN EUROPEA pero tamén no propio Reino Unido vai traer moitas consecuencias.
Un case 52% votou a favor do BREXIT, termo co que se coñece a sáida da UE do Reino Unido.
Neste enlace temos un gráfico interactivo que nos permite ver cómo foron as votacións.












domingo, 29 de mayo de 2016

AMPLIACIÓN DA CANLE DE PANAMÁ


SACYR ENTREGA A NOVA CANLE DE PANAMÁ

A CANLE DE PANAMÁ: OBRA DE ENXEÑERÍA E TORMENTO FINANCEIRO





500 ANOS DA MORTE DE EL BOSCO

Neste ano 2016 cúmprense 500 anos da morte do pintor holandés "El Bosco".
Por ese motivo, o Museo do Prado organiza unha exposición onde se recollen todas as súas mellores obras.
Fai click sobre esta obra "O xardín das delicias" e irás a un enlace onde de forma interactiva podemos ver con detalle todos os elementos deste cadro e detalles sobre outras obras.


jueves, 26 de mayo de 2016

VIDA E ASASINATO DE MARTIN LUTHER KING

Aquí tes un reportaxe sobre a figura de Martin Luther King da serie Especiales de El Mundo:


Nesta imaxe  un vídeo sobre o seu asasinato da serie "Días que marcaron el mundo"


Nesta imaxe temos un vídeo da Marcha sobre Washington



jueves, 19 de mayo de 2016

EXPOSICIÓN SOBRE A IMPRENTA

Os alumnos de 3º da ESO visitaron este xoves 19 de maio na Biblioteca Municipal de Vedra a exposición titulada "A HISTORIA DA IMPRENTA. DO 4.000 A.C. AO 1985". Contaron coa guía e explicación do experto na materia D. Carlos Delgado Rodríguez.
Esta mostra foi organizada polo Concello de Vedra con motivo das Letras Galegas 2016.
Durante a visita, puideron coñecer a evolución da imprenta co paso do tempo.

EXPOSICIÓN IMPRENTA VEDRA 2016

sábado, 14 de mayo de 2016

SAÍDA POR VEDRA MAIO 2016

Os alumnos de 4º fixeron unha saída polo Concello de Vedra o pasado luns 2 de maio acompañados polas profesoras Mª José, Xulia e Mónica.
Estivemos acompañados por unha guía moi especial, un antiga alumna do centro, Inés Ferradáns. Dáse a casualidade que con ela de alumna fixemos esta mesma saída no ano 2010.
Visitamos o Pazo de Ortigueira así como a igrexa disfrutando dos fermosos xardíns e do magnífico retablo da igrexa.
Logo estivemos en Ponte Ulla visitando  a súa igrexa que conserva diversas partes de distintas épocas, a Ponte de Gundián, a capela de Gundián e o mirador. Rematamos en San Mamede admirando a súa igrexa e o seu interior cunha capela maior románica e un retablo barroco.

Pincha na imaxe







martes, 3 de mayo de 2016

VIAXE A CATALUÑA 2016

Os alumnos de 4º fixeron a súa viaxe de fin de estudos a Cataluña do 18 ao 22 de Abril acompañados por Mónica e Viaño. Vimos a Barcelona modernista (Sagrada Familia, Casa Milá, Parque Güell), o Barrio Gótico, as Ramblas, Montjuic e, por suposto, o Camp Nou. Visitamos Tarragona, especialmente a Tarraco romana, anfiteatro, circo, acueduto, ... Pero, tamén se divertiron moito en Port Aventura e en Salou na praia e na piscina. 





sábado, 16 de abril de 2016

VISITA A SANTIAGO DE 3º: ABRIL 2016

O pasado martes 5 de abril os alumnos de 3º realizaron unha visita a Santiago acompañados polas profesoras Pilar Blanco e Mónica.
Coñeceron o Parlamento cunha visita guiada, fixeron un percorrido polo centro histórico, visitaton a Catedral cruzando a Porta Santa, coñeceron o Museo das Peregrinacións e de Santiago, a igrexa de San Martín Pinario e o Museo do Pobo Galego.

SANTIAGO 3º ABRIL 2016

domingo, 3 de abril de 2016

VIAXE A LUGO DE 2º MARZO 2016

O mércores 30 de Marzo de 2016 os alumnos de 2º acompañados de Mónica e Viaño realizaron unha viaxe a Lugo para visitar o Museo Provincial, a Catedral e as Murallas. Pola tarde, visitamos o Mosteiro de Sobrado dos Monxes.
Pincha na imaxe para ver as  fotos



domingo, 28 de febrero de 2016

VISITA DE 4º A SANTIAGO. FEBREIRO 2016

Este martes 23 de Febreiro os alumnos de 4º e PDC fixeron a viaxe a Santiago acompañados das profesoras Esther e Mónica.
Fixemos pola mañán un percorrido polo centro histórico e visitamos as prazas da Catedral e o seu interior cruzando a Porta Santa.
Xa pola tarde, subimos ás cubertas da Catedral e rematamos coa visita á igrexa de San Martiño Pinario e ao Museo do Pobo Galego.




domingo, 14 de febrero de 2016

REUNIÓN DO PAPA E O PATRIARCA ORTODOXO

Tras case 1000 anos desde o Cisma de Oriente en 1054 prodúcese unha histórica reunión entre o Papa Francisco e o Patriarca da Igrexa ortodoxa rusa.
Supón a primeira reunión na historia dos líderes de ambas igrexas.


Neste enlace temos áis información deste encontro

sábado, 13 de febrero de 2016

VISITA DE 4º DA ESO A EXTRUGASA

O xoves 21 de Xaneiro de 2016 os alumnos de 4º visitaron as instalacións de EXTRUGASA. Esta saída fíxose en coordinación co Departamento de Tecnoloxía.



miércoles, 13 de enero de 2016

EXPULSIÓN DOS XUDEUS EN 1492

No ano 2015 entra en vigor a lei que facilita a nacionalidade española aos descendentes dos xudeus expulsados en 1492 polos Reis Católicos.

Nestes enlaces máis indormación:
A ANHELADA VOLTA Á SEFARAD
O GOBERNO OUTORGA A NACIONALIDADE A 4.300 SEFARDÍES