martes, 15 de marzo de 2022

20 DÍAS DE GUERRA EN UCRAÍNA

 Tras 20 días de guerra coa invasión de RUSIA en UCRAÍNA desde o xoves 24 de Febreiro,  contabilízanse xa máis de 3 MILLÓNS de REFUXIADOS. Trátase dun éxodo tan rápido que non ten precedentes desde a 2ª Guerra Mundial según o reconto da ONU.

Paso fronteirizo con Polonia

A guerra deixa un balance de moitas vítimas, especialmente civís tras os bombardeos por parte do exército ruso sobre as cidades: edificios de vivendas, hospitais, escolas, centros de telecomunicacións, almacéns de alimentos, ...
O goberno ucraniano aplicando a lei marcial non permite a saída de homes entre 18 e 60 anos polo que eses 3 millóns de refuxiados son nenos e mulleres. Os seus destinos son:




Resulta difícil aínda saber o número de vítimas ata o momento pero son moitas as persoas falecidas tras os bombardeos pois o exército ruso non está respectando as normas básicas da guerra atacando obxectivos que non son militares
Moitas persoas están buscando refuxio nas estacións de metro, os hospitais están sendo atacados e tampouco se permiten os corredores humanitarios co cal hai poboación que leva días sitiada sen auga, luz, comida.
Moitos países da Unión Europea, Estados Unidos, Canadá e outros axudan a Ucraína co envío de armas para a súa defensa pero non van intervir (a OTAN) para evitar que iso supoña entrar nunha posible guerra de maior alcance que supoña unha TERCEIRA GUERRA MUNDIAL.
Mentras tanto, o ataque ruso sobre Ucraína continúa día tras día e foise recruando a medida que se foi atopando cunha resistencia forte e tamén as sancións económicas unánimes de Estados Unidos, a Unión Europea e moitos máis.