domingo, 7 de enero de 2024

TRES MESES DE GUERRA EN GAZA

 Hoxe día 7 de Xaneiro cúmprense 3 meses do ataque de Hamás a Israel e dunha guerra de Israel sobre a Franxa de Gaza que está deixando un balance de cifras terrible: por agora, máis de 23.000 palestinos mortos dos que se estima uns 10.000 son nenos, 58.000 feridos, máis de 7.000 desaparecidos, o 85% da poboación de Gaza desprazada; vivendas, escolas, hospitais destruídos, e falta de alimentos, auga e combustibles, ...

A ONU leva alertando da situación infrahumana na que se atopa a Franxa de Gaza pero non consegue deter a guerra.

Aquí neste vídeo de FRANCE 24 recóllese os datos principais.

Tamén temos este video de RTVE sobre o balance destes 3 meses:


martes, 2 de enero de 2024

NOVA RUTA DA SEDA

O termo Ruta da Seda designa a unha rede de rutas que desde tempos remotos cruzaban montañas, desertos e estepas desde China ata o Mediterráneo Oriental.
Esta ruta comercial terrestre xa era utilizada entre China e o Imperio Romano.
Logo coa expansión musulmá, estes faranse co control da ruta e entrará en decadencia desde o s. VIII ata o s. XIII. 
Será neste s. XIII cando os mongois, tras invadir o Imperio Chino, chegarán ata o Cáucaso. Unha vez finalizada a conquista,  restablecen a antiga Ruta da Seda. 


Neste século destacan as viaxes da familia de comerciantes venecianos Polo, especialmente a protagonizada por Marco Polo xunto co seu pai e o seu tío desde 1271 ata 1295. 
Esta viaxe será coñecida en toda Europa a través do seu libro "Libro das Marabillas".
BIOGRAFÍAS Y VIDAS



Pero na actualidade, esta ruta volve a estar presente cun proxecto que China pon en marcha desde 2013 que comprende realizar diferentes infraestruturas en distintos países.
EL PAÍS

Un deles é a ruta que conecta por tren case 13.000 km desde Yiwu (un dos principais centros industriais de China) ata Madrid pasando por Kazajistán, Azerbaiyán, Rusia, Bielorrusia, Polonia, Alemaña, Bélxica e Francia.

EL PAÍS

Na Idade Media era sobre todo a seda e produtos como porcelana, especias, té, papel, ... os que chegaban de Oriente; hoxe chegan produtos manufacturados da industria chinesa (entre eles o 60% da decoración navideña mundial).