viernes, 13 de diciembre de 2019

DESCUBERTA A OBRA DE ARTE MÁIS ANTIGA

No ano 2017 nunha cova das illas Célebes en Indonesia aparece unha escena de caza pintada nunha rocha de máis de 4 metros de longo.
Hoxe tras dous anos de estudo, afírmase que pode ser a obra de arte figurativa máis antiga do mundo.
A escena recolle a oito figuras humanas cazando xabarís e búfalos.
Podería ser pintada hai 43.900 anos e deste xeito non serían as pinturas rupestres de Francia e España as máis antigas.


Neste enlace a unha noticia do xornal "El País"




martes, 19 de noviembre de 2019

O MUSEO DO PRADO CUMPRE 200 ANOS

O día 19 de novembro de 1819 abría o Museo do Prado en Madrid. Abría con 311 obras, todas españolas da Colección Real. Hoxe conta con 8.100 obras das que se expoñen unhas 1.300 nas súas salas de forma permanente.
Foi a raíña María Isabel de Braganza, dona de Fernando VII, a que impulsou a idea de destinar un edificio para as coleccións de pintura.

lunes, 28 de octubre de 2019

DESENTERRADA UNHA CIDADE VISIGODA

Hoxe o xornal "El País" recolle nunha noticia como na provincia de Toledo na localidade de Orgaz, tras moitos anos de investigación, descobren nun xacemento chamado Los Hitos todo un complexo palatino visigodo fortemente amurallado e non unha igrexa illada como sempre se pensou.
Está situado a uns 30 km de Toledo e nel había palacios, igrexas, casas, canalizacións, almacéns e zonas de cultivo.




sábado, 12 de octubre de 2019

MOULIN ROUGE: 130 ANOS

Un 6 de Outubro de 1889 abría un local ao pe de Montmartre que chega ata hoxe cumprindo 130 anos co nome de Moulin Rouge.


É o cabaret máis famoso do mundo e nel as plumas, o can-can e as "vedettes" manteñen a esencia dos comezos. Nel a finais do s. XIX  e comezos do s XX reuníanse os pintores máis famosos. Pero un destacou pola súa relación estreita co local creando numerosos carteis sobre as bailarinas máis famosas do momento. Este foi Toulousse- Lautrec.



Neste enlace temos unha selección de 10 carteis do pintor que elevou a técnica dos carteis á categoría de arte: 

Este cabaret está moi vinculado a Belle Epoque e a un baile, o can-can que hoxe seguen interpretando as bailarinas.




E neste enlace temos un artigo de "El País" que recolle o que supuxo na historia de París e como van celebrar estes días ese aniversario.

https://elpais.com/elpais/2019/10/10/gente/1570726573_990320.html




OTAN: 70 ANOS

Este 4 de Abril cumpríronse 70 anos da fundación da OTAN. Hai unhas semanas o xornal "El País" publicou unha reportaxe sobre os desafíos aos que se enfronta hoxe.
Aquí o enlace a "El País Semanal":
https://elpais.com/elpais/2019/09/30/eps/1569856323_879449.html

E tamén este vídeo que recolle o fundamental:


70 ANOS DA REPÚBLICA POPULAR CHINA


Tras anos de Guerra Civil, o 1 de outubro de 1949 o líder comunista Mao Zedong proclamou a República Popular Chinesa converténdose no sistema comunista máis lonxevo da historia ao superar os 69 anos da URSS.
Para celebralo, o goberno organizou o maior desfile militar.
Neste enlace de RTVE temos unha información moi interesante e un breve vídeo.




martes, 25 de junio de 2019

O TURISMO EN ESPAÑA NO 2019

Tras 6 anos consecutivos de récord na chegada de turistas estranxeiros que chegaron a 82,7 millóns en 2018, este ano pode haber cambios.
Países como Turquía, Tunisia e Exipto estiveron en crise tras a crise da Primavera árabe durante varios anos. Foron os anos nos que España aproveitou eses "clientess prestados" pero este ano comezan a atraer máis turistas ás súas costas máis baratas.






martes, 4 de junio de 2019

¿FERNANDO VII, O DESEXADO?


Neste enlace temos un artigo moi interesante no que varios historiadores repasan os episodios máis polémicos do seu reinado. Así que aínda que os españois o alcumaron como O Desaxado ao esperar con ansia o seu regreso, rematará converténdose no indesexado.

https://elpais.com/elpais/2019/05/22/icon/1558514221_775250.html?por=mosaico

30 ANOS DA MATANZA DE TIANANMEN

Hoxe martes 4 de Xuño cúmprense 30 anos da matanza da Praza de Tiananmen en Pekín. Pero a censura e o silencio oficial tapan este aniversario.
https://elpais.com/internacional/2019/06/04/actualidad/1559653622_523504.html



A represión dos tanques ao control dixital:


EXCURSIÓN A LUGO DE 1º

O Xoves 30 de Maio os alumnos de 1º fixeron unha excursión a Lugo para facer varias visitas acompañados polos profesores Pilar Blanco e Viaño.
Comezaron coa visita ao Museo Arqueolóxico Provincial, logo estiveron na Domus do Mitreo, no Centro de Interpretación da Muralla e remataron cun percorrido a pe por unha parte da Muralla.

Pincha na imaxe

lunes, 13 de mayo de 2019

AS ELECCIÓNS EUROPEAS DE 2019

O vindeiro 26 de maio hai eleccións para renovar o Parlamento Europeo.
Nestes enlaces a unhsa noticias do xornal "El Mundo" atopamos as respostas a preguntas clave sobre a importancia destas eleccións.:

As 10 claves das eleccións europeas

Eleccións europeas: cando o perigo está dentro:
https://www.elmundo.es/internacional/2019/05/11/5cd57506fc6c8379348b45d3.html


Aquí pinchando nesta imaxe temos unha noticia que nos explica cómo funciona o sistema de votación das eleccións europeas de 2019:
Pincha na imaxe







https://resultados.elpais.com/elecciones/2019/europeas-globales/


domingo, 12 de mayo de 2019

GUERRA COMERCIAL EEUU-CHINA

Estados Unidos libra unha guerra comercial con China desde fai case un ano que agora entra nunha fase máis perigosa. Os araceis xa existentes sobre milleiros de produtos importados chineses elévanse do 10 ao 25%.
Esta práctica proteccionista de Estados Unidos comezou en setembro de 2018 aplicando un 10% a unha lista de máis de 5.000 produtos importados de China.



Nesta noticia podemos atopar unha breve cronoloxía das medidas tomadas por Estados Unidos desde xaneiro de 2018 con subida de aranceis a produtos de todo o mundo.


.


lunes, 29 de abril de 2019

VISITA SANTIAGO 2ºESO - CATEDRAL E MUSEO DAS PEREGRINACIÓNS

O pasado día 24 de abril o alumnado de 2º ESO realizou unha saída didáctica a Santiago de Compostela coa finalidade de visitar o Museo das Peregrinacións e a Catedral.
Durante o percorrido polo museo contemplaron a exposición e paneis dedicados ao Camiño de Santiago da planta baixa e primeira, para logo na planta segunda ver as maquetas da catedral, vitrinas sobre os acibecheiros e os prateiros, e realizar o visionado de dous videos explicativos do proceso de evolución das igrexas prerománicas, a catedral románica e da cidade de Santiago.
Logo realizaron unha visita guiada ao Pórtico da Gloria e á catedral con percorrido polas naves e deambulatorio e con explicacións dos elementos arquitectónicos, en particular da fachada de Praterías.

Ver fotos


ROTEIRO NATURAL DE CAMELLE A LAXE E VISITA A DOMBATE E BORNEIRO - 1º ESO

O pasado 11 de abril, o alumnado de 1º ESO realizou un roteiro natural desde a localidade de Camelle a Laxe. Durante o percorrido, que durou unhas tres horas, puideron contemplar as paisaxes graníticas da zona, as praias de coídos, a lagoa de Traba e as fermosas praias de Traba, Soesto e Laxe. Nesta última localidade repuxeron forzas e disfrutaron dun tempo de diversion no arenal e algúns ata se bañaron a pesares da baixa temperatura da auga.
Pola tarde visitaron o dolmen de Dombate e o castro de Borneiro no concello de Cabana de Bergantiños, mostras dos monumentos megalíticos e da cultura castrexa propias do noroeste peninsular.
Esta actividades estivo organizada polo profesorado dos departamentos de Educación Física e Xeografía e Historia, que acompañaron ao alumnado durante o percorrido realizando as explicacións.

Ver fotos

domingo, 7 de abril de 2019

EXCURSIÓN A SANTIAGO DE 3º ABRIL 2019

O Martes 2 de Abril os alumnos e as alumnas de 3º realizaron unha excursión a Santiago desde as 9.30 ata as 19.00 horas acompañados dos profesores Mónica e Viaño.
Nesta ocasión foi unha visita a Santiago moi especial pois, despois de 10 anos, disfrutamos da visita ao Pórtico da Gloria por fin restaurado.
Comezamos cun percorrido polo centro histórico explicando rúas, prazas e algúns dos lugares máis significativos. Neste percorrido incluímos tamén o Mercado da Praza de Abastos.
Estivemos nas 4 prazas que rodean a Catedral explicando os edificios das mesmas: Praterías, Quintana, Obradoiro e Inmaculada.
Ás 4 da tarde fixemos a visita guiada ao Pórtico da Gloria e de seguido ao interior da Catedral que atópase con obras de restauración ofrecendo unha imaxe moi particular.
Tras un breve descanso finalizamos no Museo do Pobo Galego admirando a obra de Domingo de Andrade e o Panteón de Galegos Ilustres.



martes, 2 de abril de 2019

A TORRE EIFFEL CUMPRE 130 ANOS


O 31 de Marzo de 1889 finalizaba a obra desta torre que se facía para a Exposición Universal de París dese ano.
Neste fin de semana celebrouse este anversario.



Páxina oficial con toda a información:

Aquí neste enlace temos 20 fotografías espectaculares:

lunes, 1 de abril de 2019

80 ANOS DA FIN DA GUERRA CIVIL

Así remataba a Guerra Civil e os españois enterábanse na radio con este parte de guerra o 1 de ABRIL de 1939:

 

HIMNO DA SEGUNDA REPÚBLICA


Tal día como hoxe, fai 80 anos, remataba a Guerra Civil en España con este último parte da guerra. Neste enlace ten o xornal "El Pais" un amplo reportaxe sobre varios aspectos da guerra:
https://elpais.com/tag/guerra_civil_espanola/a/

 Aqui un video que a canle "LA Sexta" recolle con imaxes e datos sobre a fin do conflito:

miércoles, 27 de marzo de 2019

100 ANOS DA ESCOLA DA BAUHAUS

En 1919 fúndase unha escola de arquitectura e deseño que despois de 100 anos segue tendo unha enorme influencia por moitos dos seus deseños.






martes, 5 de marzo de 2019

PAÍSES QUE BORRAN O PASADO COLONIAL DO SEU NOME

Nestes días estudamos en 4º o Imperialismo colonial do século XIX e analizamos con mapas o reparto colonial, tamén as causas e as consecuencias.
E, tamén, nestes días repasamos os mapas actuais de África e Asia.
Pois nesta noticia, da que deixo un enlace sobre a imaxe, temos os casos de varios países nos dous continentes que cambiaron os seus nomes ou están pensando en facelo.

Retrato de Felipe II (Tiziano)






EXCURSIÓN DE 2º A LUGO

O pasado Mércores 27 de Febreiro fixemos unha excursión a Lugo cos alumnos e as alumnas de 2º, nesta ocasión 41, acompañados de Lourdes Luaces, José Viaño e Mónica Vilariño.
Comezamos cunha visita ao Museo Arqueolóxico Provincial, tras un descanso na Praza Maior fixemos unha visita guiada á Domus do Mitreo.
Xa pola trade visitamos a Catedral e o Centro de Interpretación da Muralla rematando a tarde cun paseo polo camiño de rolda da mesma.

Pincha na imaxe




lunes, 18 de febrero de 2019

IV CENTENARIO PRAZA MAIOR DE MADRID

Estes días finaliza a programación para conmemorar os 4 séculos da Praza Maior de Madrid.




Aquí temos o enlace a unha web creada para conmemorar esta data:
La Plaza Mayor celebra su IV centenario

E neste temos unha noticia do xornal "El País" que recolle os múltiples actos que se celebraron desde 2017:
https://elpais.com/ccaa/2019/02/15/madrid/1550252454_385315.html

E, por último, un video mapping realiza unha viaxe polos 400 anos de historia da praza. Trátase do máis grande realizado ata agora en España e fai a proxección sobre as catro fachadas.