domingo, 24 de marzo de 2013

CONCERTO NO AUDITORIO DE GALICIA CON PACHAMAMA CREW


Este venres 22 de marzo os alumnos de 3º e 4º asistiron a un concerto do grupo PACHAMAMA CREW como premio por ser o vídeo de 4º un dos gañadores do concurso que formaba parte do proxecto "O Tesouro de Acahualinca".
Alí xunto a alumnos doutros institutos como o de Cambre e Fene tamén gañadores e os mozos Yelda, Paola e Juan de Acahualinca puxemos fin a un camiño emprendido hai varios meses. A alumna de 4º, Melania Baltasar Otero subíu a recoller outro premio, xa que o premio era acudir ao concerto, bolsas de agasallos do Comercio Xusto, despois de ver o noso vídeo.
Trsas a recollida dos demais gañadores, tivo lugar o concerto co grupo que estivo na Chureca colaborando coa poboación hai dous anos e grabou con eles a canción "El tesoro".
Aquí deixo imaxes e un pouco de música.

CONCERTO DE ACAHUALINCA


ACAHUALINCA E O CPI DE VEDRA NA TVG E EN "EL CORREO GALLEGO"

O pasado mércores 20 de marzo o xornal "El Correo Gallego" recollía a visita ao noso centro dos mozos de Nicaragua.
Tamén o sábado 23 de marzo, a TVG no seu programa A Revista Fin de Semana recollía a visita e as impresións dos nosos alumnos nunha pequena reportaze.
Pincha sobre as imaxes para acceder a toda a información.

sábado, 23 de marzo de 2013

CHARLA COS MOZOS DE NICARAGUA

Este martes 19 de marzo recibimos a visita de Yelda, Paola e Juan, tres mozos da Chureca no barrio de Acahualinca en Managua (Nicaragua).
Esta visita era a terceira e última fase dun proxecto chamado "O Tesouro de Acahualinca" co que nos achegamos os alumnos de 3º e 4º á realidade da vida xunto ao maior vertedoiro de lixo de América Central.
Pero esta charla permitíunos tamén comprobar os cambios e progresos que chegaron coa axuda e cooperación desde España a través de distintos organsmos públicos e ONG como Solidariedade Internacional. 
Coñecíamos moitos aspectos da Chureca pero, sen dúbida, as testemuñas destes mozos aportaron non só máis información senón tamén unha lección de superación, loita, optimismo moi importante.




miércoles, 13 de marzo de 2013

ALUMNOS DE 4º GAÑADORES DO CONCURSO DE VÍDEOS DO "TESOURO DE ACAHUALINCA"


Os alumnos de 4º que coñeceron o proxecto "O Tesouro de Acahualinca" da ONG Solidariedade Internacional son os ganadores do concurso onde todos os centros participantes de Galicia presentaron un vídeo sobre  cómo é a sía vida cotiá. 
Este concurso de vídeos participativos forma parte dunha das fases do que levamos traballando ao longo do curso. Lembramos que xa en novembro recibiron a visita de monitoras da ONG para explicarnos o proxecto. A realidade da poboación do barrio de Acahualinca na capital de Managua (Nicaragua) onde está o vertedoiro de lixo La Chureca, un dos máis grandes de Latinoamérica supón coñecer distintos aspectos que son traballados con eles. No caso de 4º desde a materia de Educación Ético-Cívica e no caso de 3º, que tamén participan, na materia de Xeografía.
Pedíase un vídeo no que os nosos xóvenes mostrasen cómo é a súa vida cotiá aos mozos do barrio de Acahualinca. Nos vindeiros días chega a visita ao noso centro de tres mozos de Managua cos que teremos unha charla.
O premio do concurso, aínda que iso é o de menos, será o traslado gratis a un concerto o día 22 a todos os alumnos de 3º e 4º onde disfrutaremos do grupo Pachamama Crew que colabora no proxecto.
Aquí tedes o noso vídeo do cal a súa profe estivo moi orgullosa desde o primeiro día que o veu. Todo o mérito é deles que se encargaron de todo e da realizadora do mesmo a alumna, Melania Baltasar Otero, sen a cal non sería posible.








miércoles, 6 de marzo de 2013

VISITA Á CIDADE DA CULTURA E MUSEO DO POBO GALEGO

O venres día 1 de marzo, o alumnado de 2º de ESO realizou unha saída didáctica, que incluía unha visita á Cidade da Cultura e ao Museo do Pobo Galego.
Durante a hora e media que durou a visita á Cidade da Cultura as alumnas e alumnos puideron comprobar a grandiosidade arquitectónica da obra de Peter Eisenman, así como visitar no Museo a exposición temporal Gallaecia Pétrea que presenta un percorrido pola historia de Galicia a través de restos pétreos arquitectónicos e escultóricos.
Con posterioridade o grupo trasladouse oa Convento de San Domingos de Bonaval para a visita ao Museo do Pobo Galego. A mesma centrouse na igrexa do convento, dos séculos XIII e XIV, único exemplo que se conserva en Compostela do gótico mendicante, e onde se atopa o Panteón dos galegos ilustres. Logo tamén visitaron as salas dedicadas á vida no campo e no mar, e por suposto a tripla escaleira helicoidal e a fachada do convento, obras de Domingo de Andrade. 




OS DIRIXENTES DE CHINA PROMETEN REDUCIR AS DESIGUALDADES DENTRO DO PAÍS

Dentro duns días haberá un cambio na cúpula dirixente de China. O primeiro ministro presentou hoxe o seu último informe do estado da nación onde promete que se reducirán as grandes diferenzas sociais.
http://internacional.elpais.com/internacional/2013/03/05/actualidad/1362488388_079777.html

HOLOCAUSTO

O holocausto puido ser maior do estimado: ata 42.500 "campos" e 20 millóns de vítimas según investigadores do Museo do Holocausto de Washington.
Pincha aquí para ler a noticia

60 ANIVERSARIO DA MORTE DE STALIN

Nestes días cúmprense 60 anos da morte de Stalin. ¿Cómo se vive hoxe ese aniversario?
Pincha na imaxe e podes ler unha noticia que sae nestes días.


Stalin levou a cabo unhas terribles purgas que levaron a miles de disidentes a ser eliminados. Con motivo do aniversario da súa morte, publícanse as listas de fusilamentos de Stalin grazas á labor da asociación MEMORIAL.







Aquí temos un vídeo que resume a revolución rusa.