jueves, 13 de diciembre de 2018

A DECLARACIÓN UNIVERSAL DOS DEREITOS HUMANOS CUMPRE 70 ANOS

O 10 de Decembro de 1948 a Asemblea Xeral da ONU proclamaba a Declaración Universal dos Dereitos Humanoss.
Marcou un momento moi importante na historia pois establece os dereitos humáns fundamentais que deben protexerse no mundo enteiro e foron traducidos a máis de 500 idiomas.
Son 30 artigos que podemos ler aquí pinchando na imaxe:


Neste enlace temos un video que fai balance destes 70 anos sobre o estado actual no mundo desta Declaración:




miércoles, 12 de diciembre de 2018

40 ANOS DA CONSTITUCIÓN DE 1978

A semana pasada, o  6 de Decembro a nosa Constitución cumpriu 40 anos desde que foi votada en referendo polo pobo español.

Aquí neste enlace a RTVE temos un especial que contén moita información sobre ela
https://www.rtve.es/noticias/constitucion-40-aniversario/

E aquí un especial de "El País":
https://elpais.com/agr/aniversario_de_la_constitucion_espanola/a

MOVEMENTO CHALECOS AMARELOS

No mes de novembro comezaron as protestas de moitos franceses contra a medida do goberno de subir os impostos aos carburantes.

Aquí temos varios enlaces que nos permiten coñecer a composición, os motivos e os obxectivos que se propoñen
https://www.20minutos.es/noticia/3512362/0/chalecos-amarillos-claves-aproximarse-nuevas-dinamicas-protesta/

Neste outro recolle como foron as protestas nas últimas semanas
https://elpais.com/tag/movimiento_chalecos_amarillos/a

E, despois de varias semanas de protestas, o presidente francés Macron cede
https://elpais.com/internacional/2018/12/10/actualidad/1544450313_516394.html



jueves, 15 de noviembre de 2018

A GRIPE DE 1918

Este ano conmemórase o centenario da gran pndemia de gripe de 1918 na que calcúlase morreron entre 50 e 100 millóns de persoas, un 5% da poboación mundial. Outros 500 millóns de persoas contaxiáronse.

Pasou á historia co alcume da chamada "gripe española" e a razón é que en plena Primeira Guerra Mundial todos os países ocultaron os datos da enfermidade pero España que permanecía neutral non ocultou o alcance da enfermidade dando a falsa impresión de ser o máis castigado.
Hoxe aínda discútese a orixe xeográfica da enfermidade sendo varias as teorías que apuntan ao Leste de Asia, Europa e con máis probabilidade Estados Unidos (Kansas).
Foi máis letal que as 2 Guerras Mundiais e incluso supera á Peste Negra do s. XIV no número de persoas falecidas con tanta rapidez.


Neste enlace ao xornal "El País" temos unha noticia que recolle o fundamental desta pandemia e incluso cun vídeo de apenas 2 minutos.

En España infectou a 8 millóns de españois e matou a 300.000 deles,.enfermando incluso o rei Afonso XIII.
Neste enlace a unha noticia do XLSemanal temos un reportaxe con datos e fotografías moi interesantes.

Pero tamén chegou a Galicia os seus efectos e a Santiago de Compostela. Aquí temos un enlace a unha noticia do xornal "La Voz de Galicia" onde atopamos información moi interesante de como afectou nos meses de outubro e novembro.

domingo, 11 de noviembre de 2018

CEN ANOS DO ARMISTICIO DA 1ª GUERRA MUNDIAL

O 11 de Novembro de 1918 asinábase o armisticio qie poñía fin á 1ª Guerra Mundial.

Neste día os aliados e Alemaña asinaron nun vagón de ferrocarril no bosque francés de Compiegne o tratado que marcou o final da guerra.


Aquí temos un especial do xornal "El Mundo" sobre a 1ª Guerra Mundial:
Pincha na imaxe



VISITA PARLAMENTO 3º NOVEMBRO 2018

Este xoves 8 de Novembro os alumnos de 3º fixeron unha visita guiada ao Parlamento de Galicia.
Pola mañán foron antes á Sede Afundación á Exposición "Alzheimer. Camino de la memoria" coa profesora de Bioloxia.
Xa no Parlamento visitaron as distintas dependencias entre elas o Salón de Plenos.


martes, 30 de octubre de 2018

EXCURSIÓN A FERROL 4º 2018

O Martes 23 de Outubro fixemos unha excursión a Ferrol cos alumnos de 4º disfrutando dun espléndido día de sol.
Esta excursión ten como fin coñecer o "Ferrol da Ilustración". Por iso, comezamos no Arsenal seguimos coa visita ao Museo da Construción Naval chamado Exponav. Logo paseamos polo Barrio da Magdalena e tras comer dirixímonos ao Castelo de San Felipe pola tarde.


miércoles, 10 de octubre de 2018

TROMBA DE AUGA EN MALLORCA

Este martes 9 de Outubro tivo lugar en Mallorca un fenómeno de chuvias torrenciais que provocaron unha traxedia. Hai varias persoas falecidas e desaparecidas no Leste da illa.
Foi un fenómeno moi local caendo ata 233 litros/m².


Aquí temos varios enlaces a noticias do xornal "El País" que nos permiten coñecer o que sucedeu con máis detalle:

"Unha tromba excepcional de 233 litros por metro cadradro"

"Os efectos da riada"

A localidade Sant Llorenc foi a máis afectada polo desbordamento dun torrente.

Pincha na imaxe








sábado, 15 de septiembre de 2018

10 ANOS DA CRISE ECONÓMICA DE 2008

O 15 de setembro de 2008 comezaba unha crise coa quebra de Lehman Brothers, banco inversor norteamericano,  que cambiou o mundo chegando a compararse coa Crise de 1929.
Hoxe esta crise que comezou hai 10 anos é coñecida como Gran Recesión
Máis nformación:
https://elpais.com/agr/crisis_economica_global/a

sábado, 7 de julio de 2018

MEDINA AZAHARA

A cidade califal de Medina Azahara acaba de ser recoñecida pola UNESCO como Patrimonio Mundial da Humanidade. Con este recoñecemento, Córdoba convértese na única cidade do mundo con catro declaracións de protección por parte da UNESCO: a Mesquita-Catedral, o Casco Histórico, a Festa dos Patios e a cidade califal.
Ademais, España sitúase como terceiro país do mundo e segundo de Europa con máis lugares inscritos (46) só por detrás de China e Italia.
Abderramán III comezou a construción de Medina Azahara no ano 936. O califa quería amosar ao mundo a grandeza e superioridade da dinastía Omeia e non, como atribúen as lendas románticas, por complacer a súa concubina favorita.
Cando se proxecta, Córdoba era a cidade máis importante de Occidente. Os arquitectos proxectaron a cidade perfecta pero tivo unha vida efímera pois 70 anos máis tarde desátase unha guerra civil en Al-Ándalus que arrasa con Medina Azahara.




Nestes enlaces a noticias do xornal "El País" temos máis información da declaración da UNESCO e unha galería de imaxes:



Neste enlace a unha noticia do xornal "El Mundo" temos máis información sobre Medina Azahara no ano 1000:


Neste enlace a unha noticia do xornal "El Mundo" podemos atopar as 13 declaracións que son Patrimonio Mundial en Andalucía:









RESTAURACIÓN DO PÓRTICO DA GLORIA

Este luns 2 de xullo a Catedral inaugurou a restauración do Pórtico da Gloria que permaneceu en obras durante case 10 anos que costaron máis de 6 millóns de euros financiados pola Fundación Barrié.
Recobra as súas cores case 8 séculos despois. Non se engadiu nada novo, as obras limitáronse a facer aflorar a beleza oculta: tres policromías ao óleo diferenciadas que se superpoñen e indican os pigmentos e técnicas empregados na Idade Media, no século XVI e no século XVII.


Nestes enlaces a noticias do xornal "El País" temos máis información:

"El Pórtico recobra los colores de su Gloria ocho siglos después": aquí ademais dun video temos a maneira de comprobar o antes e despois dalgunha das esculturas

"El Pórtico de la Gloria en imágenes": aquí unha galería de imaxes

GALICIA CAMIÑA CARA A UN CLIMA MEDITERRÁNEO

O clima galego tende, segundo modelos meteorolóxicos, ao tipo mediterráneo con invernos menos chuviosos e veráms máis longos e cálidos.
O pasado 28 de maio no xornal "El Correo Gallego" tiñamos unha noticia na que nunha entrevista ao profesir da USC, Jorge Daonte, recollía que, analizando os resultados obtidos polos modelos meteorolóxicos, o noso clima camiña cara unha mediterranización.
Nesa tendencia cara a unha variedade mediterránea, as chuvias van estarmáis concentradas nos meses de outono e inverno e serán máis intensas. Podemos ter anos moi secos seguidos de anos máis chuviosos.
Aquí deixamos o enlace á noticia:

Podemos ver nestes gráficos algúns dos cambios que pode haber desde 2050 a 2100.

miércoles, 13 de junio de 2018

REUNIÓN HISTÓRICA EEUU E COREA DO NORTE

CUME HISTÓRICA EN SINGAPUR
O martes 12 de xuño pasará á historia polo encontro entre o presidente de EEUU,  Donald Trump e o líder norcoreano Kim Yong-un.

Nesta imaxe un enlace a unha noticia en "El País".

Asinaron unha declaración conxunta que busca conseguir a desnuclearización de Corea do Norte. Abre unha nova era pero sen asumir compromisos concretos. Considérase unha vaga declaración  que deixa en mans dos diplomáticos continuar o proceso cara o desarme de Corea do Norte..



REUNIÓN DO G 7

Os días 8 e 9 de xuño tivo lugar en Canadá un cume do G7, grupo formado polos 7 países máis industrializados do mundo, Estados Unidos, Canadá, Alemaña, Francia, Reino Unido, Italia e Xapón.



Nesta ocasión a brecha entre Trump e os países do G7 agravouse tras un cume crispado polo comercio. Esta foto é moi reveladora.

Pincha na imaxe


OMC

EUROPA DENUNCIA A EEUU E CHINA 
ANTE A ORGANIZACIÓN MUNDIAL DO COMERCIO

Pincha na imaxe

Estados Unidos lanzouse onte a unha guerra comercial contra a UE, México e Canadá con aranceis sobre o aceiro e o aluminio.
Por ese motivo, a UE anuncia demandas ante a OMC.

Pincha na imaxe


viernes, 18 de mayo de 2018

SAÍDA DIDÁCTICA DE 1º ESO A CAMELLE, LAXE E DOMBATE

O pasado día 10 de maio o alumnado de 1º ESO realizou unha saída didáctica programada polo Departamento de Xeografía e Historia en colaboración cos Departamentos de Ciencias Naturais e Educación Física.
A actividade comezou cunha ruta de sendeirismo entre Camelle e Laxe na que o alumnado coñeceu de preto a paisaxe litoral na que destacaron:

  • Paisaxe granítica
  • Praias de croios (Coídos)
  • Praia, Duna e Lagoa de Traba
  • Praias de Soesto e Laxe.

Pola tarde, despois de repoñer forzas e disfrutar dun baño na praia de Laxe, asistiron á subasta de peixe na lonxa desta vila da Costa da Morte e logo visitaron o Dolmen de Dombate e o Castro de Borneiro onde recibiron as explicacións do profesor da materia.

Ver fotos +






martes, 15 de mayo de 2018

70 ANOS DE CONFLITO: ISRAEL-PALESTINA

O 14 de maio de 1948 David Ben-Gurion proclamou o Estado de Israel. 
Un día despois, o 15 de Maio de 1948 comezaba a "Naqba" (catástrofe ou traxedia en árabe) que supuxo o desterro de máis de 700.000 palestinos das súas terras.
Para moitos palestinos, a Naqba simboliza a chave da súa casa á que un día volverán, o dereito ao retorno. A chave que abre o recordo aos 700.000 palestinos que fuxiron ou foron explulsados como consecuencia da creación do Estado de Israel e do comezo da primeira guerra que comezou en 1948 e que lembran cada 15 de maio.
Este 70 aniversario ten ademais un significado especial pola decisión de Estados Unidos de trasladar a súa embaixada de Tel Aviv a Xerusalen. A intención é darlle a Israel o recoñecemnto de Xerusalén como capital.
Esta decisión non conta co apoio de moitos países entre eles a maioría de Europa e desatou unha marcha de protesta contra o traslado da embaixada que de convirte na protesta máis sanguenta en Gaza rematando con 60 mortos e máis de 1.000 feridos abatidos polo exército israelí.


Nestas imaxes hai enlaces a noticias do que sucedeu onte e hoxe.

Noticia de "El País"


Noticia de "El Mundo"

Aquí neste blog temos unha entrada feita en xuño de 2017 que lembraba os 50 anos da Guerra dos Seis Días en 1967

miércoles, 2 de mayo de 2018

CUME HISTÓRICO ENTRE AS DÚAS COREAS

O venres 27 de Abril tivo lugar un cume histórico na zona desmilitarizada que separa a Corea do Norte e Corea do Sur.
Esta Zona Desmilitarizada situada no paralelo 38 é a liña que divide a península coreana desde 1953 tras a Guerra que de 1950 a 1953 supuxo a división entre Corea do Norte e Corea do Sur durante a Guerra Fría.


Neste enlace a unha páxina de "El País" temos varios gráficos con datos que comparan aos dous países:
AS DÚAS COREAS EN CIFRAS


Tamén podemos ver neste enlace outra noticia do mesmo xornal onde mediante un vídeo resume os conflitos vividos no s. XX nesta península que levaron a esa división:




miércoles, 25 de abril de 2018

VISITA A LUGO

Este martes 24 de Abril os alumnos de 2º realizaron unha excursión a Lugo onde visitamos o Museo Arqueolóxico Provincial, a Catedral, o Centro de Interpretación da Muralla e paseamos por ela.
Tamén fixemos un percorrido polo centro da cidade onde descubriron restos romanos como as casas cos mosaicos, unha piscina, ...
Pincha na imaxe

martes, 17 de abril de 2018

VISITA A SANTIAGO 3º ABRIL 2018

O MARTES 10 de ABRIL tivemos a excursión a Santiago cos alumnos e alumnas de 3º como cada ano facemos para coñecer o Parlamento de Galicia, percorrer as rúas do centro histórico, visitar a Catedral e ao Museo do Pobo Galego.
Comezamos coa visita guiada ao Parlamento onde nesta oxasión asistimos a un Pleno onde fomos saudados polo Presidente e portavoces dos partidos.
Despois fixemos o percorrido polo centro histórico coñecendo rúas, prazas e lugares destacados como as prazas que rodean a Catedral, Arco de Mazarelos, ...
Xa a mediodía entramos na Catedral e pola tarde subimos ás Cubertas onde se atopan traballando nelas parcialmente o que nos permite ver a importancia da restauración e conservación.
Rematamos a tarde coa visita ao Museo do Pobo Galego onde o noso obxectivo é coñecer de cerca a arquitectura de Domingo de Andrade coa súa famosa e fermosa escaleira e tamén a visita ao Panteón de Galegos Ilustres.






Pincha para máis fotos

SAÍDA DE 2º A VILANOVA, PADRÓN E MUSEO DAS PEREGRINACIÓNS

O pasado MARTES 3 de ABRIL os alumnos e alumnas de 2º realizaron unha saída a San Pedro de Vilanova (Vedra), O Santiaguiño do Monte (Padrón) e ao Museo das Peregrinacións (Santiago).
Esta saída foi promovida polo Equipo de Dinamización da Lingua Galega dentro do programa Vedra medra co feitizo do Camiño
A súa elección ven determinada pola especial atención que se lle está prestando neste curso ao Camiño de Santiago ao seu paso polo Concello de Vedra (A Ruta da Prata) dentro do programa de educación patrimonial MIRANDO POLO CAMIÑO.
Desde este departamento participamos nesta saída aportando os coñecementos históricos e artísticos que impartimos na nosa materia neste curso de 2º no que tratamos o período  da Idade Media.
As tres visitas foron moi interesantes, especialmente a do Museo das Peregrinacións e de Santiago onde profundizamos en aspectos do Camiño de Santiago, os gremios, a orixe e evolución da Catedral e da propia cidade.
Pincha na imaxe


lunes, 12 de marzo de 2018

jueves, 8 de marzo de 2018

DÍA DA MULLER

Hoxe como cada 8 de Marzo desde 1910 celebramos o Día da Muller.

Aquí temos un reportaxe do xornal "El País" onde se recollen 11 casos de mulleres excepcionais que forn borradas da Historia polos homes.

Pincha na imaxe
Pero tamén se silenciaron artistas:


E tamén pasou coas científicas:










lunes, 26 de febrero de 2018

VISITA A EXTRUGASA

O pasado martes 16 de xaneiro os alumnos de 4º visitaron a fábrica de aluminios Extrugasa en Valga (Pontevedra).
Como en cursos anteriores realizamos a excursión en coordinación co Departamento de Tecnoloxía.