lunes, 21 de noviembre de 2022

SOMOS 8.000 MILLÓNS DE HABITANTES

 O pasado MARTES 15 de Novembro superouse a cifra de 8.000 millóns de persoas no mundo coas estimacións da ONU que o simbolizou co nacemento de Damián, un neno en Santo Domingo (República Dominicana).


Tamén as previsións da ONU estiman que antes de finalizar este século superaremos os 10.000 millóns de habitantes. En 2037 chegaremos a 9.000 e a un pico de 10.400 na década de 2.080. 
Pronto a India vai superar a China como o país máis poboado do mundo con máis de 1.400 millóns de persoas.



martes, 15 de noviembre de 2022

EXCURSIÓN DE 4º A SANTIAGO: 2022

 O pasado XOVES 27 de OUTUBRO os alumnos e as alumnas de 4º fixeron unha excursión a Santiago acompañados polas profesoras de Inglés Begoña e Peregrina e a profesora de Historia, Mónica.

Tras 2 cursos sen excursións motivados pola situación provocada pola pandemia de covid, por fin, retomamos as nosas saídas e foi unha excursión moi especial. Non se puideron facer con eles nin en 2º nin en 3º e, por esa razón, aínda que non é a saída correspondente a 4º quixemos realizala para coñecer moitos dos lugares da nosa cidade.

Aproveito para lembrar aos alumnos e ás alumnas que nos últimos anos non puideron facer esta excursión a Santiago e cos que non tiven a oportunidade de percorrer con eles lugares tan especiais como o noso centro histórico, a Catedral, o Parlamento, ... 

O día comezou cunha visita guiada ao Parlamento de Galicia, máis tarde comezou o noso percorrido polo centro histórico que rematou na Catedral visitando o seu interior; xa pola tarde, explicamos as catro prazas impoñentes que a rodean e rematamos coa visita ao Museo do Pobo Galego.

Aquí quedan algunhas das fotos deste día:

FOTOS