sábado, 7 de julio de 2018

MEDINA AZAHARA

A cidade califal de Medina Azahara acaba de ser recoñecida pola UNESCO como Patrimonio Mundial da Humanidade. Con este recoñecemento, Córdoba convértese na única cidade do mundo con catro declaracións de protección por parte da UNESCO: a Mesquita-Catedral, o Casco Histórico, a Festa dos Patios e a cidade califal.
Ademais, España sitúase como terceiro país do mundo e segundo de Europa con máis lugares inscritos (46) só por detrás de China e Italia.
Abderramán III comezou a construción de Medina Azahara no ano 936. O califa quería amosar ao mundo a grandeza e superioridade da dinastía Omeia e non, como atribúen as lendas románticas, por complacer a súa concubina favorita.
Cando se proxecta, Córdoba era a cidade máis importante de Occidente. Os arquitectos proxectaron a cidade perfecta pero tivo unha vida efímera pois 70 anos máis tarde desátase unha guerra civil en Al-Ándalus que arrasa con Medina Azahara.




Nestes enlaces a noticias do xornal "El País" temos máis información da declaración da UNESCO e unha galería de imaxes:



Neste enlace a unha noticia do xornal "El Mundo" temos máis información sobre Medina Azahara no ano 1000:


Neste enlace a unha noticia do xornal "El Mundo" podemos atopar as 13 declaracións que son Patrimonio Mundial en Andalucía:









RESTAURACIÓN DO PÓRTICO DA GLORIA

Este luns 2 de xullo a Catedral inaugurou a restauración do Pórtico da Gloria que permaneceu en obras durante case 10 anos que costaron máis de 6 millóns de euros financiados pola Fundación Barrié.
Recobra as súas cores case 8 séculos despois. Non se engadiu nada novo, as obras limitáronse a facer aflorar a beleza oculta: tres policromías ao óleo diferenciadas que se superpoñen e indican os pigmentos e técnicas empregados na Idade Media, no século XVI e no século XVII.


Nestes enlaces a noticias do xornal "El País" temos máis información:

"El Pórtico recobra los colores de su Gloria ocho siglos después": aquí ademais dun video temos a maneira de comprobar o antes e despois dalgunha das esculturas

"El Pórtico de la Gloria en imágenes": aquí unha galería de imaxes

GALICIA CAMIÑA CARA A UN CLIMA MEDITERRÁNEO

O clima galego tende, segundo modelos meteorolóxicos, ao tipo mediterráneo con invernos menos chuviosos e veráms máis longos e cálidos.
O pasado 28 de maio no xornal "El Correo Gallego" tiñamos unha noticia na que nunha entrevista ao profesir da USC, Jorge Daonte, recollía que, analizando os resultados obtidos polos modelos meteorolóxicos, o noso clima camiña cara unha mediterranización.
Nesa tendencia cara a unha variedade mediterránea, as chuvias van estarmáis concentradas nos meses de outono e inverno e serán máis intensas. Podemos ter anos moi secos seguidos de anos máis chuviosos.
Aquí deixamos o enlace á noticia:

Podemos ver nestes gráficos algúns dos cambios que pode haber desde 2050 a 2100.