miércoles, 20 de octubre de 2021

10 ANOS SEN ETA

 O 20 DE OUTUBRO DE 2011 ETA ANUNCIABA A FIN DA LOITA ARMADA

Tres encapuchados da banda terrorista lían nun comunicado que ETA abandonaba a loita armada deixando tras de sí máis de 800 mortos en atentados.


A disolución de ETA chegaría en 2018 e temos unha entrada neste blog nese ano que podes ver pinchando nesta imaxe:


Hoxe tras 10 anos sen atentados en España todos os medios lembran o que supuxo esa data que foi a realmente importante pois supoñía a fin do terror.
Aquí temos dous enlaces a RTVE e ao xornal 20 MINUTOS con reportaxes que explican como se vive en España e no País Vasco:


20 MINUTOS: 10 ANOS SEN ETA



martes, 12 de octubre de 2021

12 DE OUTUBRO: DATA POLÉMICA

 O 12 de OUTUBRO DE 1492 CRISTÓBAL COLÓN DESCOBRE AMÉRICA. 

HOXE COA CELEBRACIÓN DESTA DATA MEDRA A POLÉMICA EN ESPAÑA E AMÉRICA LATINA.


Neste vídeo temos un breve resumo e diferentes opinións sobre esta data.
Forma parte dun artigo de EURONEWS que nos explica como vese hoxe a celebración desta data e outro interesante de como se celebra en diferentes países de América.
Pincha no enlace ao artigo de  EURONEWS para ler completo.


OS ESCRAVOS PIDEN CONTAS Á RAÍÑA ISABEL II

 OS XAMAICANOS RECLAMAN 10.000 MILLÓNS DE DÓLARES A GRAN BRETAÑA.

O 90% dos 3 millóns de habitantes de XAMAICA descenden de africanos que foron escravizados por ingleses para traballar nas plantacións de cana de azucre durante séculos.


Agora reclaman a Isabel II, a raíña de Reino Unido, a cantidade de 10.000 millóns de dólares como compensación para reparar o que sufriron os seus antergos, uns 600.000 africanos escravizados en Xamaica. Grazas a eles, Xamaica foi o maior exportador de azucre do mundo.

En 2020 a ONU lémbralles aos países beneficiados polo escravismo a necesidade de pedir desculpas formais e reparacións en varias formas.


Neste enlace temos un artigo da revista XL SEMANAL (domingo 3 de outubro) onde temos máis información sobre a escravitude e as reclamacións na actualidade que se producen.






viernes, 1 de octubre de 2021

OS XUÍZOS DE NÜREMBERG

 O 1 de Outubro de 1946 chegaba ao seu fin os XUÍZOS DE NÜREMBERG léndose as sentenzas ás que eran condenados os principais dirixentes nazis polos crimes cometidos durante a 2ª Guerra Mundial.

Este xuízo tiña un TRIBUNAL formado por xuíces das 4 potencias vencedoras Estados Unidos, a URSS, Francia e Reino Unido. O xuízo comezara en Novembro de 1945 durando uns 11 meses escollendo a cidade alemá de Nüremberg para realizalo e non foi por casualidade. Esta cidade fora desde 1935 o lugar onde Hitler celebraba grandes mítines cos seus seguidores.


Este tribunal internacional foi o primeiro en xulgar crimes cometidos contra a humanidade e será o precedente para crear no futuro o que hoxe é o Tribunal Internacional de Xustiza de La Haya que xulga delitos cometidos por dirixentes en países como a ex-Iugoslavia, Ruanda, ...

Aquí temos un enlace ao xornal EL PERIODISTA no que podemos ver diversos datos, como as condenas que tiveron os acusados.


90 ANOS DO VOTO FEMININO

 O 1 DE OUTUBRO DE 1931 FOI APROBADO O VOTO DA MULLER EN ESPAÑA.

Isto foi aprobado ese día tras unha votación con 161 votos a favor e 121 en contra tras o discurso co que CLARA CAMPOAMOR convenceu ás Cortes. Foi incluido como o artigo 36 na Constitución de 1931 da 2ª REPÚBLICA.

CLARA CAMPOAMOR


Pero tivo que convencer a unhas Cortes chea de homes onde só había dúas deputadas, ela e Victoria Kent que se opoñía ao voto feminino. 
VICTORIA KENT apostaba por deixalo para máis adiante cando as mulleres tivesen máis formación e independencia económica pois entendía que nese momento votarían sen independencia, o que lles dixeran o marido ou a Igrexa dando os votos á dereita.

VICTORIA KENT

Pero Clara Campoamor nun discurso brillante defendeu que ese era o momento.

DISCURSOS: aquí un enlace ao xornal EL CONFIDENCIAL onde se recollen os discursos que pronunciaron ambasese día.