lunes, 29 de abril de 2019

VISITA SANTIAGO 2ºESO - CATEDRAL E MUSEO DAS PEREGRINACIÓNS

O pasado día 24 de abril o alumnado de 2º ESO realizou unha saída didáctica a Santiago de Compostela coa finalidade de visitar o Museo das Peregrinacións e a Catedral.
Durante o percorrido polo museo contemplaron a exposición e paneis dedicados ao Camiño de Santiago da planta baixa e primeira, para logo na planta segunda ver as maquetas da catedral, vitrinas sobre os acibecheiros e os prateiros, e realizar o visionado de dous videos explicativos do proceso de evolución das igrexas prerománicas, a catedral románica e da cidade de Santiago.
Logo realizaron unha visita guiada ao Pórtico da Gloria e á catedral con percorrido polas naves e deambulatorio e con explicacións dos elementos arquitectónicos, en particular da fachada de Praterías.

Ver fotos


ROTEIRO NATURAL DE CAMELLE A LAXE E VISITA A DOMBATE E BORNEIRO - 1º ESO

O pasado 11 de abril, o alumnado de 1º ESO realizou un roteiro natural desde a localidade de Camelle a Laxe. Durante o percorrido, que durou unhas tres horas, puideron contemplar as paisaxes graníticas da zona, as praias de coídos, a lagoa de Traba e as fermosas praias de Traba, Soesto e Laxe. Nesta última localidade repuxeron forzas e disfrutaron dun tempo de diversion no arenal e algúns ata se bañaron a pesares da baixa temperatura da auga.
Pola tarde visitaron o dolmen de Dombate e o castro de Borneiro no concello de Cabana de Bergantiños, mostras dos monumentos megalíticos e da cultura castrexa propias do noroeste peninsular.
Esta actividades estivo organizada polo profesorado dos departamentos de Educación Física e Xeografía e Historia, que acompañaron ao alumnado durante o percorrido realizando as explicacións.

Ver fotos

domingo, 7 de abril de 2019

EXCURSIÓN A SANTIAGO DE 3º ABRIL 2019

O Martes 2 de Abril os alumnos e as alumnas de 3º realizaron unha excursión a Santiago desde as 9.30 ata as 19.00 horas acompañados dos profesores Mónica e Viaño.
Nesta ocasión foi unha visita a Santiago moi especial pois, despois de 10 anos, disfrutamos da visita ao Pórtico da Gloria por fin restaurado.
Comezamos cun percorrido polo centro histórico explicando rúas, prazas e algúns dos lugares máis significativos. Neste percorrido incluímos tamén o Mercado da Praza de Abastos.
Estivemos nas 4 prazas que rodean a Catedral explicando os edificios das mesmas: Praterías, Quintana, Obradoiro e Inmaculada.
Ás 4 da tarde fixemos a visita guiada ao Pórtico da Gloria e de seguido ao interior da Catedral que atópase con obras de restauración ofrecendo unha imaxe moi particular.
Tras un breve descanso finalizamos no Museo do Pobo Galego admirando a obra de Domingo de Andrade e o Panteón de Galegos Ilustres.



martes, 2 de abril de 2019

A TORRE EIFFEL CUMPRE 130 ANOS


O 31 de Marzo de 1889 finalizaba a obra desta torre que se facía para a Exposición Universal de París dese ano.
Neste fin de semana celebrouse este anversario.



Páxina oficial con toda a información:

Aquí neste enlace temos 20 fotografías espectaculares:

lunes, 1 de abril de 2019

80 ANOS DA FIN DA GUERRA CIVIL

Así remataba a Guerra Civil e os españois enterábanse na radio con este parte de guerra o 1 de ABRIL de 1939:

 

HIMNO DA SEGUNDA REPÚBLICA


Tal día como hoxe, fai 80 anos, remataba a Guerra Civil en España con este último parte da guerra. Neste enlace ten o xornal "El Pais" un amplo reportaxe sobre varios aspectos da guerra:
https://elpais.com/tag/guerra_civil_espanola/a/

 Aqui un video que a canle "LA Sexta" recolle con imaxes e datos sobre a fin do conflito: