viernes, 24 de febrero de 2023

UCRANIA: 1 ANO DE GUERRA

 Hoxe é 24 de Febreiro de 2023 e cúmprese 1 ano da invasión de Ucrania por Rusia.

Tras este primeiro ano de guerra, moitas cousas cambiaron nese país e tamén a nivel mundial.

Mapa a día 23-2-2023

Aquí temos un especial de RTVE que nos da información:

Despois de 1945, tras a 2ª Guerra Mundial houbo outras guerras de alcance internacional como as de Corea, Vietnam, a do Golfo, Afganistán, Iraq e Siria. Pero esta guerra que só se libra nun país, Ucrania ten rasgos que a converten no conflito de maior alcance global.
Uns 30 países apoian con armamento a Ucrania, máis de 40 aplicaron sancións contra Rusia, a guerra e as sancións tiveron consecuencias no mercado da enerxía e dos alimentos que sufriron unha inflación a nivel global.
Neste ano, tamén houbo cambios: reforzouse a OTAN, Suecia e Finlandia solicitaron o seu ingreso, China mantén unha postura neutral pero ao lado de Rusia.
Pero o máis importante son as consecuencias para Ucrania con máis de 8 millóns de refuxiados en 40 países, máis de 10.000 vítimas mortais, cidades destruídas, crimes de guerra cometidos por Rusia en Lugares como Bucha, Irpin, Mariupol, ...