miércoles, 12 de abril de 2017

VISITA A LUGO 2017

O pasado XOVES 6 DE ABRIL os alumnos de 2º fixeron unha viaxe a Lugo acompañados polos profesores Mónica e Viaño.
Pincha na imaxe


Como podemos ver nas fotos estivemos no Museo Arqueolóxico, tamén no Centro de Interpretación da Muralla onde nos explicaron a súa historia, visitamos a Catedral e paseamos pola Muralla e o centro da cidade nun espléndido día de sol.
Pola tarde, achegámonos ao Mosteiro de Sobrado dos Monxes onde o irmán Lorenzo nos ensinou as diferentes partes do Mosteiro.

martes, 11 de abril de 2017

VISITA A SANTIAGO 2017

O pasado XOVES 30 de MARZO de 2017 os alumnos de 3º realizaron unha excursión a Santiago acompañados polas profesoras Delia e Mónica.
Comezamos cunha visita guiada ao Parlamento de Galicia. A continuación, fixemos un percorrido polo centro histórico e rematamos a mañán na Catedral.
Xa pola tarde subimos ás Cubertas da Catedral, estivemos na Igrexa de San Martiín Pinario e rematamos no Museo do Pobo Galego.