miércoles, 24 de mayo de 2023

2023: ESPAÑA SUPERA OS 48 MILLÓNS DE PERSOAS

 A inmigración permite a España superar os 48 millóns de habitantes sendo este o crecemento máis elevado desde o ano 2008.



Durante o primeiro trimestre de 2023 os habitantes de nacionalidade estranxeira supoñen o 12,9% da poboación total. Son os colombianos, marroquíes e venezolanos os que máis chegaron.
As Comunidades con maior crecemento son Madrid, Cataluña e C. Valenciana. En todas medrou excepto en Galicia, Extremadura, Ceuta e Melilla.

viernes, 12 de mayo de 2023

EXCURSIÓN DE 2º A LUGO E SOBRADO

 O pasado MÉRCORES 3 de MAIO os grupos de 2º da ESO, case 50 alumnos e alumnas acompañados por catro profesores, Lourdes, Pilar, Viaño e Mónica realizamos unha excursión a Lugo pola mañán e a Sobrado pola tarde.

Durante a mañán visitamos o Museo Provincial de Lugo onde percorremos as coleccións de orixe romano e tamén outras plantas sobre a Prehistoria e a cultura castrexa.

Logo divididos en 2 grupos estivemos no Centro de Interpretación da Muralla e tamén na Sala de Exposicións de Porta Miñá que nos permitiron completar máis os coñecementos da pegada romana na cidade e sobre a muralla. Esta a percorremos nun tramo dando un paseo por ela.

Despois de comer emprendemos viaxe cara a Sobrado para visitar o Mosteiro de Sobrado dos Monxes e admirar así un dos máis grandes mosteiros medievais que temos en Galicia visitando os seus Claustros, cociña, sala capitular e impoñente igrexa.

Aínda que pode crear moitas dúbidas realizar unha excursión tan lonxe con tantos alumnos e alumnas, debo dicir que o seu comportamento e actitude foi excelente no que coincidimos os catro profesores en felicitalos.


FOTOS SOBRADO




  

martes, 2 de mayo de 2023

EXCURSIÓN DE 3º A SANTIAGO

 O pasado XOVES 27 de ABRIL os alumnos e as alumnas de 3º fixeron unha excursión a Santiago acompañados polas profesoras Lourdes e Mónica. 
Comezamos cun percorrido polo CENTRO HISTÓRICO nun espléndido día de sol que rematamos na Catedral. Alí tiñamos a visita ao PÓRTICO DA GLORIA, ao MUSEO e ao interior da CATEDRAL. Foi a primeira vez que volvía levar a un grupo ao Pórtico da Gloria despois de varios anos de restauración e de anos sen excursións pola covid. 
Tras saír da Catedral percorremos as 4 prazas que a rodean para explicar e admirar os marabillosos edificios que as compoñen: PRATERÍAS, QUINTANA, OBRADOIRO e INMACULADA. Temos en España moitas catedrais espléndidas pero ningunha rodeada de catro prazas con edificios, fachadas como a nosa.
Por último, a última das catro portas da antiga muralla que vimos, a Porta do Camiño levounos ao nsos último destino, o MUSEO do POBO GALEGO onde admiramos a arquitectura de Domingo de Andrade coa súa fabulosa escaleira, fachadas, claustro e tamén na igrexa o Panteón de Galegos Ilustres.

FOTOS