domingo, 26 de diciembre de 2021

30 ANOS DA FIN DA URSS

 O 25 de Decembro de 1991 poñíase fin a URSS cando o seu presidente Mijail Gorbachov asinaba un decreto que supoñía a súa disolución.

Gorbachov asina a disolución

Aquí temos dous enlaces a dous reportaxes nos que se explica como se chegou a esa situación e tamén a evolución de Rusia desde entón:

"30 AÑOS DEL FINAL DE LA URSS: DE LA PERESTROIKA DE GORBACHOV AL NUEVO PAPEL DE RUSIA CON PUTIN"

EL PAÍS:
"30 AÑOS DEL HUNDIMIENTO DE LA URSS: PUTIN ALIMENTA EL SUEÑO DE LA GRAN RUSIA"



jueves, 9 de diciembre de 2021

ANGELA MERKEL: 16 ANOS CHANCELER DE ALEMAÑA

 


Onte, MÉRCORES 8 DE DECEMBRO DE 2021, Alemaña despedía no seu Parlamento, BUNDESTAG, cunha ovación á que foi a súa chanceler, ANGELA MERKEL, durante 16 anos. Poñíase fin ao que se chama a ERA MERKEL.
Era elixido o seu sucesor Olaf Scholz liderando un goberno tripartito de coalición.

Neste enlace a unha noticia do xornal El País vemos como foi a despedida de Merkel e a elección do novo chanceler.

Pero durante estes 16 anos non só estivo ao fronte do país máis poderoso de Europa (primeira economía de Europa) senón que marcou moitas das decisións da UNIÓN EUROPEA xa que nela o papel de Alemaña é fundamental sendo este país coñecido pola locomotora da UE. En moitos dos cumios, máis de 100, que se celebraron durante estes anos o seu papel foi fundamental.





jueves, 18 de noviembre de 2021

AS XOIAS DA RAÍÑA MARÍA ANTONIETA

 Acaban de subastarse dúas pulseiras de diamantes que pertenceron á raíña de Francia Mª Antonieta casada co rei Luís XVI. Os dous morreron en 1793 durante a Revolución Francesa na guillotina.

A raíña logrou poñelas a salvo cando se achegaba ao seu fin. Este 9 de novembro saírin a subasta e foron vendidas por 7 millóns de euros. Superaron o prezo de saída que lles puxera a casa de subastas CHRISTIE`S


Aquí deixo un enlace ao xornal "EL PAÍS" coa noticia que explica como chegaron estas xoias ata hoxe.

Pero foi en 2018 cando se subastaron unhas 10 pezas desta raíña mediante a outra casa de subastas SOTHEBY`S 

Enlace ao xornal EL PAÍS onde viña a noticia sobre esta subasta de máis de 100 xoias.






miércoles, 20 de octubre de 2021

10 ANOS SEN ETA

 O 20 DE OUTUBRO DE 2011 ETA ANUNCIABA A FIN DA LOITA ARMADA

Tres encapuchados da banda terrorista lían nun comunicado que ETA abandonaba a loita armada deixando tras de sí máis de 800 mortos en atentados.


A disolución de ETA chegaría en 2018 e temos unha entrada neste blog nese ano que podes ver pinchando nesta imaxe:


Hoxe tras 10 anos sen atentados en España todos os medios lembran o que supuxo esa data que foi a realmente importante pois supoñía a fin do terror.
Aquí temos dous enlaces a RTVE e ao xornal 20 MINUTOS con reportaxes que explican como se vive en España e no País Vasco:


20 MINUTOS: 10 ANOS SEN ETA



martes, 12 de octubre de 2021

12 DE OUTUBRO: DATA POLÉMICA

 O 12 de OUTUBRO DE 1492 CRISTÓBAL COLÓN DESCOBRE AMÉRICA. 

HOXE COA CELEBRACIÓN DESTA DATA MEDRA A POLÉMICA EN ESPAÑA E AMÉRICA LATINA.


Neste vídeo temos un breve resumo e diferentes opinións sobre esta data.
Forma parte dun artigo de EURONEWS que nos explica como vese hoxe a celebración desta data e outro interesante de como se celebra en diferentes países de América.
Pincha no enlace ao artigo de  EURONEWS para ler completo.


OS ESCRAVOS PIDEN CONTAS Á RAÍÑA ISABEL II

 OS XAMAICANOS RECLAMAN 10.000 MILLÓNS DE DÓLARES A GRAN BRETAÑA.

O 90% dos 3 millóns de habitantes de XAMAICA descenden de africanos que foron escravizados por ingleses para traballar nas plantacións de cana de azucre durante séculos.


Agora reclaman a Isabel II, a raíña de Reino Unido, a cantidade de 10.000 millóns de dólares como compensación para reparar o que sufriron os seus antergos, uns 600.000 africanos escravizados en Xamaica. Grazas a eles, Xamaica foi o maior exportador de azucre do mundo.

En 2020 a ONU lémbralles aos países beneficiados polo escravismo a necesidade de pedir desculpas formais e reparacións en varias formas.


Neste enlace temos un artigo da revista XL SEMANAL (domingo 3 de outubro) onde temos máis información sobre a escravitude e as reclamacións na actualidade que se producen.






viernes, 1 de octubre de 2021

OS XUÍZOS DE NÜREMBERG

 O 1 de Outubro de 1946 chegaba ao seu fin os XUÍZOS DE NÜREMBERG léndose as sentenzas ás que eran condenados os principais dirixentes nazis polos crimes cometidos durante a 2ª Guerra Mundial.

Este xuízo tiña un TRIBUNAL formado por xuíces das 4 potencias vencedoras Estados Unidos, a URSS, Francia e Reino Unido. O xuízo comezara en Novembro de 1945 durando uns 11 meses escollendo a cidade alemá de Nüremberg para realizalo e non foi por casualidade. Esta cidade fora desde 1935 o lugar onde Hitler celebraba grandes mítines cos seus seguidores.


Este tribunal internacional foi o primeiro en xulgar crimes cometidos contra a humanidade e será o precedente para crear no futuro o que hoxe é o Tribunal Internacional de Xustiza de La Haya que xulga delitos cometidos por dirixentes en países como a ex-Iugoslavia, Ruanda, ...

Aquí temos un enlace ao xornal EL PERIODISTA no que podemos ver diversos datos, como as condenas que tiveron os acusados.


90 ANOS DO VOTO FEMININO

 O 1 DE OUTUBRO DE 1931 FOI APROBADO O VOTO DA MULLER EN ESPAÑA.

Isto foi aprobado ese día tras unha votación con 161 votos a favor e 121 en contra tras o discurso co que CLARA CAMPOAMOR convenceu ás Cortes. Foi incluido como o artigo 36 na Constitución de 1931 da 2ª REPÚBLICA.

CLARA CAMPOAMOR


Pero tivo que convencer a unhas Cortes chea de homes onde só había dúas deputadas, ela e Victoria Kent que se opoñía ao voto feminino. 
VICTORIA KENT apostaba por deixalo para máis adiante cando as mulleres tivesen máis formación e independencia económica pois entendía que nese momento votarían sen independencia, o que lles dixeran o marido ou a Igrexa dando os votos á dereita.

VICTORIA KENT

Pero Clara Campoamor nun discurso brillante defendeu que ese era o momento.

DISCURSOS: aquí un enlace ao xornal EL CONFIDENCIAL onde se recollen os discursos que pronunciaron ambasese día.




jueves, 23 de septiembre de 2021

ERUPCIÓN VOLCÁNICA NA ILLA DE LA PALMA

 O pasado domingo 19 de Setembro entrou en erupción o volcán CUMBRE VIEJA na illa de LA PALMA en CANARIAS.

Tan só pasaron 5 días pero as consecuencias son xa devastadoras pois o avance das coladas de lava xa leva destruídas máis de 400 casas, case 6.000 persoas desaloxadas e o magma cubre xa máis de 200 hectáreas. Neste vídeo de EL PAÍS podemos ver como está transformando a illa nestes primeiros días.


Aquí temos un vídeo de RTVE que recolle as principais CONSECUENCIAS que xa está deixando aínda que de momento é moi cedo xa que a erupción pode durar días ou meses.



Pincha na imaxe
Nestas fotografías de EL PAÍS vemos os efectos e nunha delas tes un enlace a ese xornal onde temos unha galería impresionantes de imaxes


UN ANO MÁIS TARDE: tras 85 días de actividade volcánica, afectando a máis de 1.200 hectáreas, sepultou uns 3.000 edificios. Aquí un resumo das consecuencias:


sábado, 11 de septiembre de 2021

ATENTADOS DO 11-S: 20º ANIVERSARIO

 Hoxe, 11 de Setembro de 2021, cúmprense 20 anos dos  ATENTADOS do 11-S que todos os anos lémbranse pero, nesta ocasión, de forma especial pois, ademais, coincide coa retirada hai unhas semanas de Afganistán poñendo fin a unha guerra que durou 20 anos.



Foi un atentado múltiple con avións que se estrelaron dous deles contra as TORRES XEMELGAS en Nova York, un contra o PENTÁGONO en Washington e un cuarto avión nas aforas de Pensilvania despois de enfrontarse os pasaxeiros e a tripulación aos terroristas. Morreron unhas 2.977 persoas.
Eran pilotados por terroristas suicidas membros da banda AL-QAEDA co seu líder BIN LADEN que nese momento están en Afganistán sendo acollidos polo réxime dese país, os talibáns.


Comeza unha guerra contra AL-QAEDA que leva a unha coalición internacional liderada por Estados Unidos en Afganistán que supón a caída rápida dos talibáns e a morte ou detención de moitos dos membros menos do seu líder BIN LADEN que foi abatido en 2011 tras anos de búsqueda.
Foi unha guerra de 20 anos na que participaron ata 4 presidentes: GEORGE W. BUSH, BARACK OBAMA, DONALD TRUMP e JOE BIDEN.
Morreron uns 3.500 militares de distintos países da coalición internacional e uns 150.000 afganos e supuxo un investimento millonario de Estados Unidos nestes anos nunha guerra da que se retira tras asinar en 2020, Donald Trump, un acordo cos talibáns que supón o seu regreso ao país.





martes, 31 de agosto de 2021

FIN DA GUERRA DE AFGANISTÁN (2001-2021)

 Hoxe MARTES 31 de AGOSTO Estados Unidos puxo fin á súa guerra máis longa coa retirada das súas tropas. En realidade, a maior parte xa saíran a comezos de agosto.

Último militar de EEUU en abandonar Afganistán

Despegaron os últimos avións do aeroporto de Kabul tras varios días nos que se evacuaron a máis de 100.000 afganos que colaboraron durante estes anos.

Esta retirada foi acordada en 2020 polo presidente Donald Trump co grupo dos talibáns e logo foi refrendada polo presidente Joe Biden que quería retirar o exército e poñer fin a esta guerra antes de que chegara o aniversario do 11-S.

Evolución dos militares despregados

Enlace a noticia en El País

Aquí temos un enlace a RTVE que nos leva a un especial sobre esta gierra coas claves destes 20 anos:

miércoles, 18 de agosto de 2021

AFGANISTÁN: O REGRESO DOS TALIBÁNS

 TRAS 20 ANOS, REGRESA O RÉXIME DOS TALIBÁNS A AFGANISTÁN.

En 2001, comezaba unha guerra contra ese país gobernado polos talibáns por acoller ao grupo terrorista AL-QAEDA co seu líder BIN LADEN responsable dos atentados múltiples do 11 de SETEMBRO en Estados Unidos.

A guerra liderada por Estados Unidos á fronte dunha colaición internacional durou 20 anos, os talibáns foron derrotados e desprazados do poder en pouco tempo, Bin Laden capturado en 2011 e en 2014 o presidente Obama plantexaba a saída das tropas e poñer fin a esta guerra.

Pero a realidade era que a medida que foron pasando os anos, a guerra non estaba ganada xa que os ataques dos talibáns foron sendo cada vez máis frecuentes, máis os militares mortos e tamén atentados contra os civís do país e aumentaba a súa presenza no territorio.


Ante a imposibilidade de derrotalos, Estados Unidos busca saír desta guerra e do país marcando como data límite para esa saída finais de AGOSTO de 2021 ante a proximidade do aniversario do 11-S. Comezaron a retirar as tropas desde maio e tamén comezou o avance dos talibáns, que xa controlaban as zonas rurais, sobre as cidades ante a inoperancia do exército e goberno afganos que non amosaron resistencia.


Este DOMINGO 15 de AGOSTO entraron en Kabul e tomaron o palacio presidencial.

O caos apoderouse do país nestes primeiros días, especialmente no aeroporto da capital xa que moitos intentan escapar nos avións que os países occidentais teñen para evacuar ao seu personal diplomático e colaboradores afganos.
O seu goberno entre 1996-2001 foi unha violación brutal dos dereitos humanos, especialmente coas mulleres, amparando o seu goberno na sharía, aplicación da lei islámica máis estrita. Agora comeza  a preocupación do mundo pola amenaza aos dereitos humanos e o risco de que volva ser refuxio do terrorismo.








lunes, 2 de agosto de 2021

PRIMAVERA ÁRABE: 2011-2021

 En 2011 TÚNEZ vivía unha revolta que se estendeu a outros países árabes dando lugar á chamada "Primavera árabe". De todos eles, foi Túnez o único que parecía lograr a transición cara unha democracia ata estes días no que parece tambalearse.

Aquí temos un enlace a un artigo de EL PAÍS que nos explica o que sucedeu nestes 10 anos:

A "Primavera" tunecina se tambalea

Despois de 10 anos as revoltas nos países do Norte de África e no Oriente Próximo víronse aplastadas sen posibilidade de éxito. Moitas foron aplastadas e remataron incluso con guerras civís e golpes de Estado.

Aquí temos un resumo da situación en varios deses países 10 anos despois: EXIPTO, SIRIA, YEMEN, LIBIA, BAHREIN, ...

DICTADURA E GUERRA TRAS AS REVOLTAS TRUNCADAS




miércoles, 21 de julio de 2021

DESASTRE DE ANNUAL

 Hai un século, no verán de 1921 o exército español sufre unha das maiores derrotas da súa historia na rexión marroquí do RIF.


Entre o 21 de xullo e o 9 de agosto morreron entre 8.000 e 13.000 soldados españois a mans das tribus rifeñas. Tras varias malas decisións dos mandos militares, os soldados acabaron asediados durante varios días sufrindo graves penalidades. Neses días terá lugar unha desbandada caótica na que moitos morrerán tiroteados fuxindo desde Annual cara a Melilla, outros morrerán de sede no asedio e moitos torturados despois de entregarse.




martes, 20 de julio de 2021

CATEDRAL DE BURGOS: 800 ANOS

 Un 20 de Xullo de 1221, hai hoxe 800 anos, o rei Fernando III o Santo e o bispo da cidade colocabn a primeira pedra da que sería unha das catedrais góticas máis impresionantes de España.

   

Constrúese onde antes había unha pequena igrexa románica e a esa catedral gótica foronse engadindo unha serie de elementos durnate os séculos XV e XVI co que entran novos estilos.

Destacan nela o Ciborio, a Capela dos Condestables, o Coro do s. XVI elaborado en madeira por Diego de Siloé, a Escaleira Dourada, as vidreiras sendo especial o gran rosetón do brazo Sur e a tumba do Cid e a súa muller Dona Ximena.

Neste enlace temos un especial do xornal "El País" sobre esta catedral que conta con información e vídeos sobre estes elementos.

ESPECIAL EL PAÍS

Tras levar 25 anos de restauración hoxe presenta todo o seu esplendor e tamén acompañada de polémica. Non estarán listas as novas portas que foron encargadas ao srtista Antonio López. Pero o problema non é só o retraso senón que crean unha grande controversia, hai división na cidade sobre elas e a UNESCO advirte que de poñelas poden perder a condición de Patrimonio da Humanidade.

PORTAS ANTONIO LÓPEZ

VÍDEO OFICIAL DA CATEDRAL DE BURGOS

viernes, 25 de junio de 2021

30 ANOS DA GUERRA DE IUGOSLAVIA

 Hoxe 25 de Xuño de 2021 cúmprense 30 anos da DECLARACIÓN DE INDEPENDENCIA de ESLOVENIA  e CROACIA.

Así, arrincou unha guerra que se prolongou no tempo ata 1995 e poñíase fin a historia de IUGOSLAVIA que comezara tras a 1ª Guerra Mundial englobando a varios pobos que tiñan linguas, relixións, tradicións diferentes.


Esta GUERRA DOS BALCÁNS será especialmente dura en CROACIA e en BOSNIA-HERZEGOVINA pois os serbios intentarán impedir a súa independencia e logo defender os intereses da poboación serbia en ambos territorios.
Destacaron nesta guerra o presidente de Iugoslavia MILOSEVIC, o líder político serbio en Bosnia KARADZIC e o militar MLADIC, coñecido como "carniceiro dos Balcáns". Eles foron responsables de múltiples crimes polos que logo forn xulgados polo Tribunal Internacional de Xustiza de la Haya.


            MILOSEVIC         

   
         KARADZIC                       MLADIC   

Aquí temos un enlace a unha páxina web da BBC NEWS titulado:

martes, 15 de junio de 2021

10 ANOS DO 15 M

Fai agora 10 anos do movemento chamado 15 M pois tivo lugar un 15 de Maio de 2011 unha manifestación pacífica na Porta do Sol en Madrid. Foi moito máis que unha manifestación xa que se prolongou varios días cunha acampada na propia praza e ademais estendeuse por todo o país.


Neste artigo vemos como contarán os historiadores que foi este movemento:
Especial sobre o 15 M do xornal 20 MINUTOS


lunes, 14 de junio de 2021

CUMIO DO G-7 EN 2021

 Este fin de semana nos días 11, 12 e 13 tivo lugar no Reino Unido o cumio do G-7 despois de 2 anos debido a pandemia.


Neste artigo veñen recollidos os principais puntos que acordaron:

Pero, ¿quen son os países do G-7? ¿E desde cando se reúnen?

Pincha na imaxe





miércoles, 9 de junio de 2021

MLADIC "O CARNICEIRO DOS BALCÁNS"

 Este martes 8 de xuño confirma a condena a cadea perpetua por xenocidio do militar serbio Mladic. Trátase dun ex-xeneral serbobosnio condenado pola matanza de máis de 8.000 musulmáns bosnios en Srebrenica en 1995.

Isto sucede durante a guerra dos Balcáns na ex-Yugoslavia. Xa fora condenado no ano 2017 pero apelou a sentenza que hoxe foi de novo ratificada.


                           






jueves, 3 de junio de 2021

OPEP

 A OPEP dispara esta semana o prezo do petróleo tras unha reunión. Aquí temos unha noticia do xornal El Páis que recolle o acordo ao que chegaron e que deixa o prezo do barril a case 70 €.

Pincha na imaxe

Aquí deixo un enlace á páxina oficial da OPEP para máis información sobre ela como os países membros:

Pincha na imaxe



lunes, 3 de mayo de 2021

FESTA DOS PATIOS DE CÓRDOBA

 100 anos leva Córdoba celebrando a súa FESTA DOS PATIOS, este ano 2021 será entre os días 3 e o 16 de Maio. Esta festa está declarada como Patrimonio inmaterial da humanidade pola UNESCO desde 2012.




Neste enlace temos a información sobre esta festa e a historia destes patios que se remonta á época de Al-Ándalus, pois foi nesa época cando introduciron un novo modelo de vivenda que perdurou ata hox



miércoles, 14 de abril de 2021

90 ANOS DA SEGUNDA REPÚBLICA

HOXE 14 DE ABRIL DE 2021 CÚMPRENSE 90 ANOS DA PROCLAMACIÓN DA SEGUNDA REPÚBLICA.

O 14 de Abril de 1931 proclamábase en España a 2ª República tras as eleccións municipais celebradas o 12 de abril nas que gañan os republicanos en 41 das 50 provincias.

O rei Alfonso XIII emprende o camiño do exilio dando paso ao réxime republicano.

Cartel da Segunda República

Neste enlace a unha notica do xornal El País temos un vídeo onde podes escoitar o himno da Rpública e as imaxes de Madrid e Barcelona coa alegría e o entusiasmo da xente.




martes, 6 de abril de 2021

ESTATUTO DE AUTONOMÍA DE GALICIA: 1981-2021

 Hoxe Martes 6 de Abril de 2021, Galicia conmemora o 40º aniversario da promulgación do seu Estatuto de Autonomía.


O Parlamento de Galicia celebrou un acto no que se aproveitou para entregar as súas medallas anuais á XERACIÓN NÓS, un colectivo de intelectuais do que formaban parte Castelao, Vicente Risco, Otero Pedrayo, Losada Diéguez, Ánxel Casal, Ramón Cabanillas...
Estes galeguistas agrupáronse en torno á revista NÓS que terá moita influencia na aprobación do Estatuto de Autonomía de 1936. Por este Estatuto, o actual consagra a Galicia o carácter de nacionalidade histórica.



miércoles, 20 de enero de 2021

JOE BIDEN, 46º PRESIDENTE DE ESTADOS UNIDOS

 Tras as eleccións presidenciais do Martes 3 de Novembro de 2020, hoxe Mércores 20 de Xaneiro de 2021 toma posesión do cargo o demócrata Joe Biden

Joe Biden

Kamala Harris, 1ª vicepresidenta de Estados Unidos

Acompañará ao presidente demócrata, unha muller por primeira vez como vicepresidenta, a fiscal e senadora, Kamala Harris.

Foron case 3 meses nos que o seu rival, o republicano presidente Donald Trump cuestionou os resultados das eleccións alegando fraude para non aceptar os resultados. Todas as súas demandas foron desestimadas polos tribunais de xustiza en todos os estados.

Pero o punto culminante foi o Mércores 6 de Xaneiro cando se produce un Asalto violento ao Capitolio en Washington. Ese día os representantes da Cámara do Congreso ratificarían a Joe Biden como presidente. Horas antes o presidente Donald Trump facía un discurso no que alentaba aos seus seguidores chegados de todo o país a dirixirse ao Capitolio a impedilo.


CAOS EN WASHINGTON



viernes, 1 de enero de 2021

ADEUS A REINO UNIDO. COMEZA A ERA POS-BREXIT

 Hoxe é un día histórico para Europa. Tras case medio século, 1973-2020, o Reino Unido comeza unha nova etapa tras comezar en 2016 a súa saída da UE, o Brexit, que culminou o pasado 24 de decembro cun acordo que asegura a cooperación cos países da UE.

Polo tanto, hoxe venres 1 de Xaneiro de 2021 comeza o primeiro día de completa desconexión da UE.

Aquí temos un enlace a RTVE onde podemos ver un resumo do que significa:

BREXIT: ANO 1

Neste outro enlace tamén a RTVE podemos consultar como nos afecta en diversos apartados na vida cotiá a partir de agora:

VIVIR, VIAXAR, COMPRAR, ...