martes, 21 de abril de 2026

EXCURSIÓN A SANTIAGO 3º ABRIL 2026

 O pasado Xoves 16 de Abril realizamos unha excursión a Santiago os cursos de 3º para visitar distintos lugares.

Comezamos cunha visita guiada ao Parlamento de Galicia percorrendo diferentes zonas, entre elas o Salón de Plenos.

Logo fixemos un percorrido polo centro histórico con explicacións de rúas, prazas e edificios importantes. Rematamos na Catedral visitando o interior e tamén explicamos as 4 prazas que a rodean.

Pola tarde, fixemos a visita ao Pórtico da Gloria e por último, estivemos no Mosteiro de San Martín Pinario onde explicamos a súa historia e a súa Igrexa admirando os seus impoñentes retablos.




martes, 24 de marzo de 2026

ARXENTINA: 24 DE MARZO DE 1976

 Hai uns 50 anos, o 24 de Marzo de 1976, tiña lugar en Arxentina un golpe de Estado terminaba coa democracia que tiña como presidenta a Isabel Perón. 

Desde ese día comezaba unha ditadura en mans dos militares, encabezada por Jorge Videla, tras o cal houbo outros tres todos militares. Comezaba unha etapa de represión que durará ata 1983.

  Deixará uns 30.000 desaparecidos e uns 500 bebés roubados como botíns de guerra e entregados a familias que os criaron cunha identidade falsa. 

A búsqueda deses desaparecidos dou lugar ao movemento das Nais e logo Avoas da Praza de Maio que non deixaron nin deixan de buscar aos seus familiares.

NAIS DA PRAZA DE MAIO

Aquí un enlace a unha noticia de EL PAÍS con fotos e a historia deses anos:

ARGENITINA 1976-1983: MAPA DEL TERROR

Aquí un vídeo de RTVE:

jueves, 19 de marzo de 2026

CONSELLO EUROPEO MARZO 2026

 Este Xoves 19 de Marzo reuniuse o Consello Europeo, alí os dirixentes da Unión Europea debatirán a situación en Irán e as consecuencias na enerxía; pero tamén sobre a competitividade, as finanzas, Ucraína, defensa e migración.

Hoxe estaba invitado o Secretario Xeral da ONU, Antonio Guterres, e fixeron un comunicado onde rexeitan intervir na guerra con Irán e reclaman unha desescalada e negociar con Irán que permita desbloquear o Estreito de Ormuz.


Neste enlace temos a web da UE que nos explica os temas tratados e as conclusións que adoptaron.


Neste enlace a unha web da UE temos os nomes e fotografías dos membros do Consello Europeo, responsables dos países membros.






20 DÍAS DE GUERRA EN ORIENTE MEDIO: REPERCUSIÓNS

 O 28 de Febreiro comezaban os ataques de Israel e Estados Unidos contra Irán. Isto levou a unha guerra que agora ten xa repercusión en todo o Golfo Pérsico alcanzando ás monarquías da zona.

Neste vídeo de BBC MUNDO temos as claves que explican a orixe do conflito e o papel dos diferentes países veciños así como as consecuencias que está deixando.

GUERRA EN ORIENTE MEDIO

 O pasado 18 de Marzo Israel bombardea un xacemento gasísitico moi importante que comparten Irán e Qatar, South Pars.

 

En resposta, Irán bombardea varias instalacións dos países do Golfo Pérsico. 
Aquí un vídeo de RTVE explica estes ataques e como repercute nos prezos do petróleo e do gas.

martes, 3 de marzo de 2026

GUERRA CONTRA IRÁN

 O pasado SÁBADO 28 de FEBREIRO a primeira hora ISRAEL e ESTADOS UNIDOS comezaron un ataque contra IRÁN.

O pasado mes de XUÑO de 2025 xa tivera lugar a chamada "Guerra dos 12 días" na que atacaron diversas instalacións de Irán coa intención de destruír armamento.

Agora o ataque busca destruír a súa capacidade armamentística pero tamén depoñer ao réxime islámico dos Ayatolás do país. De feito, no mesmo día foron asasinados nun ataque membros importantes do réxime como o máximo líder relixioso Alí Jamenei.


En resposta, Irán comezou a atacar con mísiles e drons a Israel e ás bases militares de Estados Unidos nos países do Golfo Pérsico.


En catro días, os mortos en Irán chegan a case 800 dos cales máis de 100 son nenas dunha escola no Sur do país. Pero tamén hai xa consecuencias económicas coas subidas no prezo do petróleo e do gas natural pois Irán vai cortar o paso polo Estreito de Ormuz polo que pasan os barcos.



EXCURSIÓN A FERROL 4º ESO FEBREIRO 2026

 O pasado Martes 24 de Febreiro os alumnos e as alumnas de 4º realizaron unha excursión a Ferrol na que realizamos varias visitas.

Comezamos pola mañán visitando o Arsenal para coñecer as instalacións do s. XVIII creadas polos Borbóns que deron lugar ao que se coñece hoxe como o "Ferrol da Ilustración", alí estaban dúas das fragatas F-100, a Méndez Núñez e a Alvaro de Bazán, e tamén o buque de aprovisionamento Isabel de Castela.


Máis tarde, a visita continuaba en EXPONAV, Museo da Construción Naval, o máis grande Europa onde atopamos a evolución da cidade en varias maquetas, do estaleiro, barcos, ...


Pola tarde, fixemos un percorrido polo Barrio da Madalena coñecendo a historia do seu trazado no s. XVIII e tamén a súa arquitectura, especialmente as obras do Modernismo do arquitecto ferrolán Rodolfo Ucha.

   



Foi un día moi completo no que os 35 alumnos acompañados das profesoras Lourdes e Mónica disfrutamos dun espléndido día de sol.