martes, 31 de agosto de 2021

FIN DA GUERRA DE AFGANISTÁN (2001-2021)

 Hoxe MARTES 31 de AGOSTO Estados Unidos puxo fin á súa guerra máis longa coa retirada das súas tropas. En realidade, a maior parte xa saíran a comezos de agosto.

Último militar de EEUU en abandonar Afganistán

Despegaron os últimos avións do aeroporto de Kabul tras varios días nos que se evacuaron a máis de 100.000 afganos que colaboraron durante estes anos.

Esta retirada foi acordada en 2020 polo presidente Donald Trump co grupo dos talibáns e logo foi refrendada polo presidente Joe Biden que quería retirar o exército e poñer fin a esta guerra antes de que chegara o aniversario do 11-S.

Evolución dos militares despregados

Enlace a noticia en El País

Aquí temos un enlace a RTVE que nos leva a un especial sobre esta gierra coas claves destes 20 anos:

miércoles, 18 de agosto de 2021

AFGANISTÁN: O REGRESO DOS TALIBÁNS

 TRAS 20 ANOS, REGRESA O RÉXIME DOS TALIBÁNS A AFGANISTÁN.

En 2001, comezaba unha guerra contra ese país gobernado polos talibáns por acoller ao grupo terrorista AL-QAEDA co seu líder BIN LADEN responsable dos atentados múltiples do 11 de SETEMBRO en Estados Unidos.

A guerra liderada por Estados Unidos á fronte dunha colaición internacional durou 20 anos, os talibáns foron derrotados e desprazados do poder en pouco tempo, Bin Laden capturado en 2011 e en 2014 o presidente Obama plantexaba a saída das tropas e poñer fin a esta guerra.

Pero a realidade era que a medida que foron pasando os anos, a guerra non estaba ganada xa que os ataques dos talibáns foron sendo cada vez máis frecuentes, máis os militares mortos e tamén atentados contra os civís do país e aumentaba a súa presenza no territorio.


Ante a imposibilidade de derrotalos, Estados Unidos busca saír desta guerra e do país marcando como data límite para esa saída finais de AGOSTO de 2021 ante a proximidade do aniversario do 11-S. Comezaron a retirar as tropas desde maio e tamén comezou o avance dos talibáns, que xa controlaban as zonas rurais, sobre as cidades ante a inoperancia do exército e goberno afganos que non amosaron resistencia.


Este DOMINGO 15 de AGOSTO entraron en Kabul e tomaron o palacio presidencial.

O caos apoderouse do país nestes primeiros días, especialmente no aeroporto da capital xa que moitos intentan escapar nos avións que os países occidentais teñen para evacuar ao seu personal diplomático e colaboradores afganos.
O seu goberno entre 1996-2001 foi unha violación brutal dos dereitos humanos, especialmente coas mulleres, amparando o seu goberno na sharía, aplicación da lei islámica máis estrita. Agora comeza  a preocupación do mundo pola amenaza aos dereitos humanos e o risco de que volva ser refuxio do terrorismo.








lunes, 2 de agosto de 2021

PRIMAVERA ÁRABE: 2011-2021

 En 2011 TÚNEZ vivía unha revolta que se estendeu a outros países árabes dando lugar á chamada "Primavera árabe". De todos eles, foi Túnez o único que parecía lograr a transición cara unha democracia ata estes días no que parece tambalearse.

Aquí temos un enlace a un artigo de EL PAÍS que nos explica o que sucedeu nestes 10 anos:

A "Primavera" tunecina se tambalea

Despois de 10 anos as revoltas nos países do Norte de África e no Oriente Próximo víronse aplastadas sen posibilidade de éxito. Moitas foron aplastadas e remataron incluso con guerras civís e golpes de Estado.

Aquí temos un resumo da situación en varios deses países 10 anos despois: EXIPTO, SIRIA, YEMEN, LIBIA, BAHREIN, ...

DICTADURA E GUERRA TRAS AS REVOLTAS TRUNCADAS