lunes, 21 de noviembre de 2022

SOMOS 8.000 MILLÓNS DE HABITANTES

 O pasado MARTES 15 de Novembro superouse a cifra de 8.000 millóns de persoas no mundo coas estimacións da ONU que o simbolizou co nacemento de Damián, un neno en Santo Domingo (República Dominicana).


Tamén as previsións da ONU estiman que antes de finalizar este século superaremos os 10.000 millóns de habitantes. En 2037 chegaremos a 9.000 e a un pico de 10.400 na década de 2.080. 
Pronto a India vai superar a China como o país máis poboado do mundo con máis de 1.400 millóns de persoas.



martes, 15 de noviembre de 2022

EXCURSIÓN DE 4º A SANTIAGO: 2022

 O pasado XOVES 27 de OUTUBRO os alumnos e as alumnas de 4º fixeron unha excursión a Santiago acompañados polas profesoras de Inglés Begoña e Peregrina e a profesora de Historia, Mónica.

Tras 2 cursos sen excursións motivados pola situación provocada pola pandemia de covid, por fin, retomamos as nosas saídas e foi unha excursión moi especial. Non se puideron facer con eles nin en 2º nin en 3º e, por esa razón, aínda que non é a saída correspondente a 4º quixemos realizala para coñecer moitos dos lugares da nosa cidade.

Aproveito para lembrar aos alumnos e ás alumnas que nos últimos anos non puideron facer esta excursión a Santiago e cos que non tiven a oportunidade de percorrer con eles lugares tan especiais como o noso centro histórico, a Catedral, o Parlamento, ... 

O día comezou cunha visita guiada ao Parlamento de Galicia, máis tarde comezou o noso percorrido polo centro histórico que rematou na Catedral visitando o seu interior; xa pola tarde, explicamos as catro prazas impoñentes que a rodean e rematamos coa visita ao Museo do Pobo Galego.

Aquí quedan algunhas das fotos deste día:

FOTOS


martes, 18 de octubre de 2022

MUSEO GUGGENHEIM BILBAO

 En 1997 fai hoxe xusto 25 anos inaugurábase en Bilbao o Museo Guggenheim feito polo arquitecto Frank Gehry cun edificio feito con placas de titanio e un deseño que non deixa a ninguén indiferente.


A finais dos anos 80 a cidade de Bilbao estaba en plena crise industrial pola reconversión no sector metalúrxico e naval deixando conflitividade social, moito desemprego e unha cidade gris tras case un século e medio de industrialización.
O museo cambiou por completo a cidade e deixou ata hoxe máis de 25 millóns de visitantes.



jueves, 8 de septiembre de 2022

MORRE A RAÍÑA ISABEL II: 70 ANOS NO TRONO

 Hoxe faleceu a raíña inglesa Isabel II con 96 anos, neste ano conmemoránrose os 70 anos do seu reinado.

Temos neste blog unha entrada no mes de febreiro no que comentamos o que supoñía ese reinado tan longo: 

ISABEL II: 70 ANOS RAÍÑA DE INGLATERRA

Agora, será o novo rei o seu fillo Carlos que reinará co nome de CARLOS III aos seus 73 anos. Nesta foto vemos as 4 xeraciñons da familia real.




A PRIMEIRA VOLTA AO MUNDO 1519-1522: V CENTENARIO

 Nestes días lembramos os 500 anos da viaxe de Fernando de Magallanes e Juan Sebastián Elcano. Case 250 homes, 5 naves e 3 anos de viaxe que van supoñera primeira volta ao mundo e a demostración de que a Terra era redonda.

Elcano e Magallanes

Aquí temos un enlace a unha web oficial sobre este V Centenario que nos ensina a viaxe paso a paso:


E tamén este outro enlace ao xornal "El Mundo" cunha páxina que explica a orixe, desenvolvemento da viaxe, descripción das naves.



miércoles, 24 de agosto de 2022

UCRAÍNA: 6 MESES DE GUERRA

Hoxe é o 24 de agosto, Día da Independencia en Ucraína que celebraría 31 anos desa independencia da URSS pero é tamén o día que se cumpren 6 meses do comezo da guerra que sufre tras a invasión por parte de Rusia.
O xoves 24 de febreiro comezaba a invasión do país por parte do exército ruso e ante a sorpresa do mundo e do presidente ruso Putin non foi unha guerra relámpago como se pensaba.

 Pasaron xa 6 meses e agora está nunha fase de estancamento coa ocupación do 20% do territoriomáis de 5.000 civís ucraínos mortos, 12 millóns de desprazados dos cales 6 millóns son refuxiados que abandonaron o país e uns danos económicos inmensos para Ucraína.

Neste vídeo da CNN temosun resumo do que supoñen estes 6 meses de guerra:



Aquí temos un enlace a RTVE cos: 

E aquí temos neste vídeo de BBC NEWS as claves que explican a orixe do conflito entre Ucraína e Rusia e por que ten tanta relevancia a nivel internacional:


lunes, 18 de julio de 2022

CUMIO DA OTAN XUÑO 2022

 No mes de xuño tivo lugar en Madrid o CUMIO da OTAN e neste vídeo do xornal "El País" podemos entender as claves desta reunión: os protagonistas e os temas que se ían tratar nela:



O 30 de xuño remataba a reunión e os membros acordaban un novo documento chamado CONCEPTO ESTRATÉXICO que recolle as principais conclusións. Aquí neste enlace ao xornal "El País" podemos entendelas:






RECONFIGURACIÓN DA ORDE MUNDIAL

 A guerra que trouxo a invasión de Ucraína por Rusia trae cambios na orde mundial que poden verse nas reunións que se produciron en Xuño en apenas unha semana:




CUMIO DO G-7

CUMIO DOS BRICS

CUMIO DA UE

CUMIO DA OTAN

Neste artigo do xornal "El País" vemos con varios gráficos como se está formando unha perigosa tendencia polarizadora. Esta tendencia xa se viña fraguando desde hai tempo polas tensións entre Occidente e China. ´


El mundo se hunde en una espiral conflictiva. Balance de fuerzas

Agora as democracias occidentais cos seus aliados asiáticos se posicionan nas reunións do G-7, a UE e a OTAN fronte a Rusia e China que buscan atraer a outros países no cumio dos BRICS.


lunes, 16 de mayo de 2022

UNHA "MARILYN" DE ANDY WARHOL, O CADRO DO S.XX MÁIS CARO DA HISTORIA

 


Só fixeron falta 4 minutos para que a casa de subastas CHRISTIE¨S en Nova York vendera este cadro por 184,5 millóns de euros converténdose no cadro produciodo no s. XX máis caro da Historia.
Este cadro da mítica actriz MARILYN MONROE pertence ao pai do POP ART Andy Warhol e forma parte dunha serie de 5 serigrafías da actriz.

Aquí temos neste enlace a unha noticia de "EL MUNDO " máis información e tamén un vídeo.


martes, 15 de marzo de 2022

20 DÍAS DE GUERRA EN UCRAÍNA

 Tras 20 días de guerra coa invasión de RUSIA en UCRAÍNA desde o xoves 24 de Febreiro,  contabilízanse xa máis de 3 MILLÓNS de REFUXIADOS. Trátase dun éxodo tan rápido que non ten precedentes desde a 2ª Guerra Mundial según o reconto da ONU.

Paso fronteirizo con Polonia

A guerra deixa un balance de moitas vítimas, especialmente civís tras os bombardeos por parte do exército ruso sobre as cidades: edificios de vivendas, hospitais, escolas, centros de telecomunicacións, almacéns de alimentos, ...
O goberno ucraniano aplicando a lei marcial non permite a saída de homes entre 18 e 60 anos polo que eses 3 millóns de refuxiados son nenos e mulleres. Os seus destinos son:




Resulta difícil aínda saber o número de vítimas ata o momento pero son moitas as persoas falecidas tras os bombardeos pois o exército ruso non está respectando as normas básicas da guerra atacando obxectivos que non son militares
Moitas persoas están buscando refuxio nas estacións de metro, os hospitais están sendo atacados e tampouco se permiten os corredores humanitarios co cal hai poboación que leva días sitiada sen auga, luz, comida.
Moitos países da Unión Europea, Estados Unidos, Canadá e outros axudan a Ucraína co envío de armas para a súa defensa pero non van intervir (a OTAN) para evitar que iso supoña entrar nunha posible guerra de maior alcance que supoña unha TERCEIRA GUERRA MUNDIAL.
Mentras tanto, o ataque ruso sobre Ucraína continúa día tras día e foise recruando a medida que se foi atopando cunha resistencia forte e tamén as sancións económicas unánimes de Estados Unidos, a Unión Europea e moitos máis.

jueves, 24 de febrero de 2022

GUERRA EN UCRANIA

 Esta madrugada do XOVES 24 de FEBREIRO de 2022 Rusia ataca a Ucrania invadindo o seu territorio desde o Leste, Norte e Sur do país.


Ucrania estaba en guerra civil desde 2014 coa división do país tras a rebelión das rexións do Leste, Donbás, prorrusas apoiadas polo réxime de Putin. Nese ano, Rusia anexionouse a Península de Crimea  que pertencía a Ucrania


Nas últimas semanas, Rusia estaba acumulando tropas nas fronteiras o que levaba a pensar nun ataque inminente. O luns 21 pola noite apoiou a independencia das rexións do Leste de Ucrania, Donetsk e Lugansk. 


Rusia estaba molesta co avance da OTAN cara ao Leste de Europa e advertía a Occidente que non toleraría a entrada nela de Ucrania; esta o tiña solicitado pero non forma parte dela. Nas últimas semanas intentouse manter negociacións coa Rusia de Putin que esixía volver a situación de 1991.


 


lunes, 21 de febrero de 2022

OS CAMBIOS NA CATEDRAL DE SANTIAGO

 Hoxe publícase no xornal "El País" un artigo que leva por título "LA CATEDRAL DE SANTIAGO SE DEVORÓ A SÍ MISMA" e nel podemos ver a explicación de como ao longo da historia fóronse facendo cambios moi importantes.

As obras de rehabilitación dos últimos anos están aflorando restos escultóricos descoñecidos e partes do desaparecido CORO PÉTREO do MESTRE MATEO que logo serían reutilizados como material de construción. Este coro pétreo e policromado estaba na nave central da Catedral formado por 72 sitiales e unha tribuna. Pero entre 1603 e 1604 foi desmontado por orde dos mandos da Catedral ao cambiar as modas e a liturxia.

Reconstrución do Coro Pétreo





A ORIXE DA CIDADE DE LEÓN

 Acaba de publicarse no xornal "El País" un artigo que recolle un estudo da Universidade Complutense de Madrid que reconstrúe o camapmento onde se asentou a LEGIO VII no ano 74 d.C. dando orixe á cidade de León.

Trátase dunha reconstrución en 3 dimensións que permite recrear como sería ese asentamento.


Neste artigo faise unha relación dos edificios que se atoparían como un cuartel, un anfiteatro, termas, vivendas, ...


Aquí deixamos o enlace á noticia e tamén unha imaxe na que vemos a área que ocuparía o asentamento romano superposta no actual León





domingo, 6 de febrero de 2022

ISABEL II: 70 ANOS RAÍÑA DE INGLATERRA

 


Hoxe lémbrase a morte do rei Jorge VI en 1952 deixando no trono a súa filla Isabel con 25 anos. 
Será este ano 2022 o chamado XUBILEO de PLATINO no que celebrarán este aniversario con moitos actos que se concentrarán a comezos do mes de xuño.
Aquí temos un enlace ao xornal "El País" cunha galería de fotografías:

Aquí dous enlaces a noticias que teñen información do seu reinado:

EL PAÍS

RTVE