miércoles, 13 de diciembre de 2023

A exposición temporal "MAESTRAS" no Museo Thyssen en Madrid presenta a moitas artistas desde o s. XVI ata o s. XX.
Faise un percorrido con case un centenar de pezas entre pinturas, esculturas, obras sobre papel e téxtiles de moitas artistas que foron silenciadas durante séculos e que hoxe están sendo recuperadas.
Algunhas delas as traballamos en clase como: Lavinia Fontana, Artemisia Gentileschi, Clara Peeters, Judith Leyster, Berthe Morisot, Mary Cassatt, Tamara de Lempicka, Maruja Mallo, ...



Aquí temos un enlace a un reportaxe de RTVE sobre a mesma para o programa INFORME SEMANAL

 





martes, 31 de octubre de 2023

A PRINCESA LEONOR XURA A CONSTITUCIÓN

 O Martes 31 de Outubro a princesa Leonor cumpre 18 anos e xura a Constitución converténdose na futura raíña de España.


Neste enlace temos un enlace ao xornal "El Mundo" que resume os principais actos desta xornada:

lunes, 30 de octubre de 2023

GUERRA ISRAEL-HAMÁS 2023

 O Sábado 7 de Outubro un ataque terrorista de Hamás contra Israel desencadena unha nova guerra de Israel sobre os territorios de Palestina, neste caso sobre a Franxa de Gaza.

Neste enlace información de como comeza esta guerra

Aquí temos un enlace a unha entrada neste blog que explica a ocupación dos territorios palestinos na Guerra dos Seis Días de 1967:

https://socvedra.blogspot.com/2017/06/50-aniversario-ocupacion-de-palestina.html

E aquí outro enlace a outra entrada deste blog que explicaba a orixe deste conflito en 1948 coa creación do estado de Israel:

https://socvedra.blogspot.com/2018/05/70-anos-de-conflito-israel-palestina.html





lunes, 16 de octubre de 2023

VISITA A FERROL 4º ESO

 O pasado Martes 10 de Outubro realizamos cos cursos de 4º unha viaxe ao "Ferrol da Ilustración" coas profesoras Lourdes e Mónica.

Nun espléndido día de sol e calor comezamos polo Arsenal, logo o Museo da Construción Naval (Exponav), un percorrido a pe polo Barrio da Magdalena e finalmente pola tarde a visita ao Castelo de San Filipe.

Nesta ocasión non puidemos subir a bordo dunha fragata F-100 por estar en labores de mantemento pero sí tivemos a sorte de ver un patrulleiro no interior do famoso Dique da Campá, dique seco que se atopa no interior do Arsenal sendo no s. XIX o maior do mundo e a maior obra hidráulica en España no s. XIX.


En Exponav achegámonos aos secretos da navegación no pasado e no presente a través de maquetas e diferentes paneis; no percorrido pola cidade no Barrio da Magadalena ademais do urbanismo do s. XVIII vimos os diferntes modelos de casas e puidemos admirar as pinturas recentemente restauradas no Casino de Rodolfo Ucha, arquitecto do Modernismo tan presente na cidade.

Pola tarde, rematamos o día coas espectaculares vistas da ría de Ferrol visitando o Castelo de San Filipe que conta agora cun Centro de Interpretación.

Despois de 3 anos sen realizar esta visita co paréntese obrigado pola Covid, foi unha sorpresa atoparnos con estas tres novedades e afondar na pegada que deixou na cidade a Ilustración do s. XVIII, o Modernismo no s. XIX e por suposto, os castelos defensivos da época do s. XVI no reinado de Filipe II.

Pincha na imaxe







miércoles, 24 de mayo de 2023

2023: ESPAÑA SUPERA OS 48 MILLÓNS DE PERSOAS

 A inmigración permite a España superar os 48 millóns de habitantes sendo este o crecemento máis elevado desde o ano 2008.



Durante o primeiro trimestre de 2023 os habitantes de nacionalidade estranxeira supoñen o 12,9% da poboación total. Son os colombianos, marroquíes e venezolanos os que máis chegaron.
As Comunidades con maior crecemento son Madrid, Cataluña e C. Valenciana. En todas medrou excepto en Galicia, Extremadura, Ceuta e Melilla.

viernes, 12 de mayo de 2023

EXCURSIÓN DE 2º A LUGO E SOBRADO

 O pasado MÉRCORES 3 de MAIO os grupos de 2º da ESO, case 50 alumnos e alumnas acompañados por catro profesores, Lourdes, Pilar, Viaño e Mónica realizamos unha excursión a Lugo pola mañán e a Sobrado pola tarde.

Durante a mañán visitamos o Museo Provincial de Lugo onde percorremos as coleccións de orixe romano e tamén outras plantas sobre a Prehistoria e a cultura castrexa.

Logo divididos en 2 grupos estivemos no Centro de Interpretación da Muralla e tamén na Sala de Exposicións de Porta Miñá que nos permitiron completar máis os coñecementos da pegada romana na cidade e sobre a muralla. Esta a percorremos nun tramo dando un paseo por ela.

Despois de comer emprendemos viaxe cara a Sobrado para visitar o Mosteiro de Sobrado dos Monxes e admirar así un dos máis grandes mosteiros medievais que temos en Galicia visitando os seus Claustros, cociña, sala capitular e impoñente igrexa.

Aínda que pode crear moitas dúbidas realizar unha excursión tan lonxe con tantos alumnos e alumnas, debo dicir que o seu comportamento e actitude foi excelente no que coincidimos os catro profesores en felicitalos.


FOTOS SOBRADO




  

martes, 2 de mayo de 2023

EXCURSIÓN DE 3º A SANTIAGO

 O pasado XOVES 27 de ABRIL os alumnos e as alumnas de 3º fixeron unha excursión a Santiago acompañados polas profesoras Lourdes e Mónica. 
Comezamos cun percorrido polo CENTRO HISTÓRICO nun espléndido día de sol que rematamos na Catedral. Alí tiñamos a visita ao PÓRTICO DA GLORIA, ao MUSEO e ao interior da CATEDRAL. Foi a primeira vez que volvía levar a un grupo ao Pórtico da Gloria despois de varios anos de restauración e de anos sen excursións pola covid. 
Tras saír da Catedral percorremos as 4 prazas que a rodean para explicar e admirar os marabillosos edificios que as compoñen: PRATERÍAS, QUINTANA, OBRADOIRO e INMACULADA. Temos en España moitas catedrais espléndidas pero ningunha rodeada de catro prazas con edificios, fachadas como a nosa.
Por último, a última das catro portas da antiga muralla que vimos, a Porta do Camiño levounos ao nsos último destino, o MUSEO do POBO GALEGO onde admiramos a arquitectura de Domingo de Andrade coa súa fabulosa escaleira, fachadas, claustro e tamén na igrexa o Panteón de Galegos Ilustres.

FOTOS





miércoles, 19 de abril de 2023

INDIA: O PAÍS MÁIS POBOADO DO MUNDO

 Neste mes de abril, ten lugar un feito moi importante a nivel demográfico. China deixa de ser o país máis poboado do mundo superada por India. Isto é recollido no informe do Fondo da Poboación que elabora a ONU.

India alcanzaría uns 1.428 millóns de habitantes fronte a uns 1.426 millóns de China.


Aquí temos dous enlaces que recollen a noticia:

EURONEWS

RTVE: INDIA SUPERA A CHINA

sábado, 8 de abril de 2023

50 ANOS DA MORTE DE PABLO PICASSO

 O 8 de Abril de 1973 morre o artista Pablo Picasso en Mougins (Francia) con 91 anos.

Aquí temos un reportaxe sobre a vida e a obra do artista de RTVE que recolle os momentos máis importantes da súa vida, as cidades nas que vive, as obras máis importantes:

Tamén temos este enlace a un reportaxe de "El País Semanal" titulado: 

MEDIO SIGLO SIN PICASSO

viernes, 7 de abril de 2023

25 ANOS DOS ACORDOS DE VENRES SANTO

 Hoxe lémbranse os 25 anos dunha data histórica para o conflito de Irlanda do Norte. Asináronse os chamados ACORDOS DE VENRES SANTO ou ACORDOS DE BELFAST.

Era un acordo asinado un 10 de abril de 1998 que caía en Venres Santo e poñía fin a 30 anos de violencia que deixaba uns 3.600 mortos.


Aquí temos un enlace a unha noticia de FRANCE 24 onde se explica este conflito:


Tras a saída do Reino Unido da UE no ano 2020 asinárase o PROTOCOLO DE IRLANDA DO NORTE  que formaba parte das condicións do BREXIT. Ese acordo foi revisado e modificado este mes de febreiro sendo reemprazado polo ACORDO MARCO DE WINDSOR que aporta cambios tras a reunión do primeiro ministro Sunak e a presidenta da Comisión Europea Ursula von der Leyen.



Neste enlace temos unha noticia tamén de FRANCE 24 que explica eses cambios que afectan a Irlanda do Norte:

miércoles, 29 de marzo de 2023

ISRAEL: ¿A SEPARACIÓN DE PODERES EN PERIGO?

 Nas últimas semanas estanse producindo protestas en Israel que chegaron a un punto máximo o pasado LUNS 27 de MARZO.

Estas protestas son contra unha reforma xudicial que podería poñer en perigo a separación de poderes xa que restaría capacidade de actuación ao poder xudicial en favor do poder lexislativo no Parlamento.

Ante as protestas masivas deste luns e a posible convocatoria dunha folga xeral, o primeiro ministro Netanyahu paraliza de momento a reforma. Aquí un vídeo que o resume de EURONEWS

Neste artigo do xornal "El País" temos as claves que explican as protestas e a crise institucional que vive Israel

EL PAÍS


martes, 28 de marzo de 2023

FRANCIA: MANIFESTACIÓNS EN 2023

 Nesta ocasión, o motivo das protestas foi a lei que subiría a idade de xubilación dos 62 aos 64 anos, pero este é un país cunha longa tradición de protestas na rúa.

Aquí temos nun vídeo unha análise dun xornalista en "El País" que explica moi ben como neste país as protestas teñen un valor diferente ao resto de Europa.

Xa no ano 2018 recollimos aquí a protesta dos CHALECOS AMARELOS

O pasado xoves 23 de Marzo o país estaba nunha folga xeral e unha das xornadas máis violentas nas protestas como se recolle neste vídeo de RTVE:


viernes, 24 de febrero de 2023

UCRANIA: 1 ANO DE GUERRA

 Hoxe é 24 de Febreiro de 2023 e cúmprese 1 ano da invasión de Ucrania por Rusia.

Tras este primeiro ano de guerra, moitas cousas cambiaron nese país e tamén a nivel mundial.

Mapa a día 23-2-2023

Aquí temos un especial de RTVE que nos da información:

Despois de 1945, tras a 2ª Guerra Mundial houbo outras guerras de alcance internacional como as de Corea, Vietnam, a do Golfo, Afganistán, Iraq e Siria. Pero esta guerra que só se libra nun país, Ucrania ten rasgos que a converten no conflito de maior alcance global.
Uns 30 países apoian con armamento a Ucrania, máis de 40 aplicaron sancións contra Rusia, a guerra e as sancións tiveron consecuencias no mercado da enerxía e dos alimentos que sufriron unha inflación a nivel global.
Neste ano, tamén houbo cambios: reforzouse a OTAN, Suecia e Finlandia solicitaron o seu ingreso, China mantén unha postura neutral pero ao lado de Rusia.
Pero o máis importante son as consecuencias para Ucrania con máis de 8 millóns de refuxiados en 40 países, máis de 10.000 vítimas mortais, cidades destruídas, crimes de guerra cometidos por Rusia en Lugares como Bucha, Irpin, Mariupol, ...