martes, 12 de diciembre de 2017

SALVATOR MUNDI, O CADRO MÁIS CARO


O pasado 15 de novembro en Nova York foi subastado na casa especializada en subastas de arte Christie´s unha obra de Leonardo da Vinci por 450 millóns de dólares.
Trátase dunha obra excepcional xa que son apenas 20 as obras do pintor italiano conservadas e a única en mans privadas que se leva a unha subasta.
A expectación era enorme e foi adquirida por un príncipe saudí que actuou como intermediario xa que a obra finalmente será para o Museo Louvre de Abu Dabi recentemente inaugurado nos Emiratos Árabes Unidos.
Con ese importe de 450 millóns de dólares (uns 382 millóns de euros) convértese na obra máis cara da historia.
Neste enlace a unha noticia de "El País" temos un vídeo moi interesante e tamén a lista dos cadros máis caros ata agora.

Neste outro enlace a outra noticia de "El País" podemos ver un mapa coa ubicación dos cadros de Leonardo da Vinci polo mundo e máis información sobre cómo chega o cadro ata o Museo Louvre Abu Dabi.

Aquí tes varias fotos deste museo que foi inaugurado a comezos de novembro deste ano.








viernes, 24 de noviembre de 2017

MLADIC CONDENADO A CADEA PERPETUA

Esta semana o Tribunal Penal Internacional para a ex Iugoslavia (TPIY) condena a cadea perpetua ao xeneral serbobosnio Ratko Mladic, coñecido como o "carniceiro dos Balcáns", por xenocidio e crimes contra a humanidade durante a guerra de Bosnia (1991-1995).




jueves, 23 de noviembre de 2017

15 ANOS DO PRESTIGE

O 19 de novembro deste mes cumpríronse 15 anos do afundimento do petroleiro "PRESTIGE" fronte ás costas galegas no ano 2002.
Neste vídeo temos un breve resumo sobre a traxedia


Nestas imaxes temos enlaces a noticias do xornal "El País" onde atopamos información sobre o que representou en cifras e tamén a descripción de cómo sucedeu o afundimento.
Pincha na imaxe
O desastre en 10 cifras

Pincha na imaxe
Derica, afundimento e marea negra

Reportaxe sobre os 15 ANOS DO PRESTIGE do xornal de "El País".

miércoles, 8 de noviembre de 2017

100 ANOS DA REVOLUCIÓN RUSA

O pasado mes fixéronse 100 anos da Revolución Rusa de Outubro aínda que foi onte o 7 de novembro cando tivo lugar o centenario pois nese momento estaba en vigor o calendario xuliano que levaba 13 días respecto ao calendario gregoriano actual.
Por iso, en Rusia era nese momento os días 24 e 25 de outubro no seu calendario pero polo calendario actual foi o 6 e 7 de novembro.


Nestes enlaces temos noticias que recollen nestes días información sobre esta revolución e a situación de Rusia hoxe.

https://elpais.com/elpais/2017/11/03/album/1509709268_807469.html?rel=mas#1509709268_807469_1509712843

https://elpais.com/agr/100_anos_de_revolucion_rusa/a

http://cadenaser.com/ser/2017/11/07/internacional/1510059964_571639.html

Facendo click nesta imaxe temos un enlace a un vídeo resumo de Informe Semanal de RTVE:



martes, 31 de octubre de 2017

SEAT 600: 60 ANIVERSARIO


En 1957 saía da factoría SEAT de Barcelona o 27 de xuño o primeiro Seat 600 dos case 800.000 que se fabricaron ata 1973 en que se deixa de producir. 
Cun prezo de 65.000 pesetas (390 €), o seu éxito foi tal, que en 1958 a lista de espera chegaba ás 100.000 unidades, cando a produción aquel mesmo ano non superou os 12.000 vehículos.
A súa aparición tivo unha enorme repercusión na sociedade española sendo moi popular nos 60 e 70.

Neste enlace temos un artigo do xornal "La Vanguardia" con moita información interesante:
http://www.lavanguardia.com/motor/actualidad/20170627/423389143277/60-aniversario-seat-600.html

LUTERO: 500 ANOS DAS 95 TESES

O 31 de Outubro de 1517 Lutero cravaba na porta da catedral de Witenberg as súas 95 Teses.
Hoxe cúmprense 500 anos dese feito que daría lugar a Reforma protestante.

Lutero

Porta da igrexa coas 95 teses


Neste enlace a un artigo de "El País" temos as claves do que signfica a Reforma
"Lutero: las 95 tesis que revolucionaron Europa"
https://elpais.com/cultura/2017/10/31/actualidad/1509436414_540249.html

Nestes enlaces temos información de cómo afectou a Reforma protestante a Europa en distintos ámbitos ata o presente.
El Mundo: "Las tesis de Lutero que cambaron nuestro mundo"
http://www.elmundo.es/cultura/cine/2017/10/30/59f5fd77ca4741d0088b4649.html
El País: "Europa, partida en dos"
https://elpais.com/internacional/2017/07/21/actualidad/1500641435_994689.html


martes, 24 de octubre de 2017

VISITA A FERROL


Este martes 24 de Outubro os alumnos de 4º fixerron unha excursión a Ferrol con numerosas visitas.
Tiveron unha visita guiada ao Arsenal, á fragata "Álvaro de Bazán" F-101, ao Museo da Construción Naval e pola tarde percorreron o Barrio da Magdalena.
Con esta excursión coñecemos o "Ferrol da Ilustración" onde podemos ver de primeira man as pegadas dos monarcas Borbón como Carlos III. Con este rei culmina a construción dos Estaleiros reais, o Arsenal e o deseño dun nova cidade a través do Barrio da Magdalena.
Pincha na imaxe




Na fragata Álvaro de Bazán







jueves, 8 de junio de 2017

EN MARROCOS OS PRIMEIROS "HOMO SAPIENS"

Ata agora os primeiros Homo Sapiens aparecían fai uns 200.000 anos no leste de África. 
Pero agora un xacemento en Marrocos presenta uns restos de 300.000 anos de antigüidade que poden supoñer un cambio na cuna da Humanidade que se desprazaría ao Norte de África.

Nestes 2 enlaces temos as noticias que nos dan máis información:




50º ANIVERSARIO OCUPACIÓN DE PALESTINA

Esta semana cúmprense 50 anos da Guerra dos Seis Días de 1967 na que Israel ocupou os territorios palestinos.
A resolución de condena da ONU nunca foi atendida e a ocupación segue hoxe.
Nesta imaxe temos un enlace a unha reportaxe sobre este tema.


viernes, 26 de mayo de 2017

VIAXE A PARÍS 2017


Do día 1 ao 5 de Maio de 2017 os alumnos de 4º realizaron a súa Viaxe de Fin de Estudos a París acompañados polos seus profesores de Historia Mónica e Viaño.
O luns 1 realizamos unha visita panorámica en autobus polos principais lugares da cidade acompañados polo guía Pablo. Pola tarde, tras descansar no hotel visitamos o barrio dos pintores de Montmartre e o Sacré Coeur desde o que contemplamos a cidade.
O martes 2 visitamos o Palacio de Versalles e os seus impresionantes xardíns. Pola tarde, subimos á Torre Eiffel.
O mércores 3 fixemos un paseo en barco polo río Sena, visitamos as principais obras no Museo do Louvre e despois de comer a catedral de Notre Damme.
O xoves 4 disfrutamos do día en Disneyland .
O venres 5 vimos as principais obras do Museo`Orsay, paseamos pola beira do río Sena ata a Praza da Concordia onde rematou a nosa viaxe.

Foi unha viaxe moi especial na que todos disfrutamos moito e os profesores agradecemos aos nosos alumnos todo o seu apoio e colaboración.

Pnncha na imaxe

SAÍDA POR VEDRA

O mércores 19 de Abril os alumnos de 3º realizaron coas profesoras Mónica e Xulia unha visita ao Pazo de Ortigueira onde percorremos os xardíns coas explicacións da monitora Inés Feradans.
Despois visitamos as igrexas de Santa Cruz, Ponte Ulla e San Mamede onde repasamos as clases de Arte vistas en clase.
Nesta ocasión, a nosa saída foi en colaboración co proxecto VEDRA MEDRA.

Pincha na imaxe

miércoles, 12 de abril de 2017

VISITA A LUGO 2017

O pasado XOVES 6 DE ABRIL os alumnos de 2º fixeron unha viaxe a Lugo acompañados polos profesores Mónica e Viaño.
Pincha na imaxe


Como podemos ver nas fotos estivemos no Museo Arqueolóxico, tamén no Centro de Interpretación da Muralla onde nos explicaron a súa historia, visitamos a Catedral e paseamos pola Muralla e o centro da cidade nun espléndido día de sol.
Pola tarde, achegámonos ao Mosteiro de Sobrado dos Monxes onde o irmán Lorenzo nos ensinou as diferentes partes do Mosteiro.

martes, 11 de abril de 2017

VISITA A SANTIAGO 2017

O pasado XOVES 30 de MARZO de 2017 os alumnos de 3º realizaron unha excursión a Santiago acompañados polas profesoras Delia e Mónica.
Comezamos cunha visita guiada ao Parlamento de Galicia. A continuación, fixemos un percorrido polo centro histórico e rematamos a mañán na Catedral.
Xa pola tarde subimos ás Cubertas da Catedral, estivemos na Igrexa de San Martiín Pinario e rematamos no Museo do Pobo Galego.


miércoles, 1 de marzo de 2017

miércoles, 22 de febrero de 2017

CANAL DE SUEZ


Información da canle

No pasado mes de MARZO DE 2021 un megabuque mercante bloquea durante días a canle e provoca un caos atascando o comercio mundial.

Aquí a noticia no xornal "El País"


Gráficos e datos 















lunes, 2 de enero de 2017

RADIOGRAFÍA DA ECONOMÍA MUNDIAL 2017

Aquí temos un enlace a unha noticia do xornal "El País" onde se analizan os principais factores económicos para 2017.

MAPA DA DESIGUALDADE NA UE EN 2016

A Unión Europea aplicou a 272 rexións europeas o índice de progreso social ideado por unha ong norteamericana.
Fálase dun novo mapa da desigualdade na UE.
Este indicador valora centos de variables que dan como resultado un mapa do progreso social na UE en 2016.