jueves, 24 de febrero de 2022

GUERRA EN UCRANIA

 Esta madrugada do XOVES 24 de FEBREIRO de 2022 Rusia ataca a Ucrania invadindo o seu territorio desde o Leste, Norte e Sur do país.


Ucrania estaba en guerra civil desde 2014 coa división do país tras a rebelión das rexións do Leste, Donbás, prorrusas apoiadas polo réxime de Putin. Nese ano, Rusia anexionouse a Península de Crimea  que pertencía a Ucrania


Nas últimas semanas, Rusia estaba acumulando tropas nas fronteiras o que levaba a pensar nun ataque inminente. O luns 21 pola noite apoiou a independencia das rexións do Leste de Ucrania, Donetsk e Lugansk. 


Rusia estaba molesta co avance da OTAN cara ao Leste de Europa e advertía a Occidente que non toleraría a entrada nela de Ucrania; esta o tiña solicitado pero non forma parte dela. Nas últimas semanas intentouse manter negociacións coa Rusia de Putin que esixía volver a situación de 1991.


 


lunes, 21 de febrero de 2022

OS CAMBIOS NA CATEDRAL DE SANTIAGO

 Hoxe publícase no xornal "El País" un artigo que leva por título "LA CATEDRAL DE SANTIAGO SE DEVORÓ A SÍ MISMA" e nel podemos ver a explicación de como ao longo da historia fóronse facendo cambios moi importantes.

As obras de rehabilitación dos últimos anos están aflorando restos escultóricos descoñecidos e partes do desaparecido CORO PÉTREO do MESTRE MATEO que logo serían reutilizados como material de construción. Este coro pétreo e policromado estaba na nave central da Catedral formado por 72 sitiales e unha tribuna. Pero entre 1603 e 1604 foi desmontado por orde dos mandos da Catedral ao cambiar as modas e a liturxia.

Reconstrución do Coro Pétreo





A ORIXE DA CIDADE DE LEÓN

 Acaba de publicarse no xornal "El País" un artigo que recolle un estudo da Universidade Complutense de Madrid que reconstrúe o camapmento onde se asentou a LEGIO VII no ano 74 d.C. dando orixe á cidade de León.

Trátase dunha reconstrución en 3 dimensións que permite recrear como sería ese asentamento.


Neste artigo faise unha relación dos edificios que se atoparían como un cuartel, un anfiteatro, termas, vivendas, ...


Aquí deixamos o enlace á noticia e tamén unha imaxe na que vemos a área que ocuparía o asentamento romano superposta no actual León





domingo, 6 de febrero de 2022

ISABEL II: 70 ANOS RAÍÑA DE INGLATERRA

 


Hoxe lémbrase a morte do rei Jorge VI en 1952 deixando no trono a súa filla Isabel con 25 anos. 
Será este ano 2022 o chamado XUBILEO de PLATINO no que celebrarán este aniversario con moitos actos que se concentrarán a comezos do mes de xuño.
Aquí temos un enlace ao xornal "El País" cunha galería de fotografías:

Aquí dous enlaces a noticias que teñen información do seu reinado:

EL PAÍS

RTVE