domingo, 26 de diciembre de 2010

Conferencia sobre a Emigración en Vedra

O martes 21 de decembro os alumnos de 3º e 4º da ESO do CPI de Vedra asistiron a unha conferencia impartida por D. Xurxo Cerdeira Louro titulada “Emigración transoceánica en Vedra 1880 -1936”.
O autor do libro “Proceso migratorio e sociedades de emigrantes de Vedra” aportou aos case 80 alumnos unha visión moi completa de cómo foi a emigración dos habitantes de Vedra a países de América e moi especialmente a Arxentina incidindo na importancia das sociedades creadas polos emigrantes procedentes do Concello de Vedra en Bos Aires. Tamén nos días previos percorreron unha exposición de varios paneis que recollen con fotos, textos, .. aspectos da emigración e da labor das sociedades levada a cabo desde Bos Aires. Esta exposición estivo instalada Colexio, cedida polo Concello de Vedra.
Esta foi unha máis das iniciativas promovidas durante este ano 2010 que conmemoran os “100 anos das Sociedades de Emigrantes do Concello de Vedra”.
O Departamento de Xeografía e Historia do CPI de Vedra, manifestar a satisfacción polo desenvolvemento da actividade, dado o interese mostarado polos alumnos en achegarse con máis profundidade a esa parte da súa historia, e polo importante número de alumnos que manifestaron ter na súa familia parentes emigrados nalgún momento.
A actividade tamén tivo presenza na prensa da comarca:

jueves, 16 de diciembre de 2010

Xa está aquí a Avaliación de Diagnóstico

Unha nova recente afectará ao desenvolvemento da materia de Ciencias Sociais/Xeografía e Historia nos últimos meses de curso: a Avaliación de Diagnóstico. Este ano inclúe unha proba de avaliación da Competencia no Coñecemento do medio e a interación co mundo físico. As datas de celebración serán o 11 e 12 de maio de 2010.
Será unha boa ocasión para poñer en valor o traballo desenvolvido na materia ao longo dos cursos previos.

Manteremosvos informados das novidades sobre o tema.

Saúdos

Iniciamos hoxe unha nova experiencia no noso Departamento de Xeografía e Historia coa creación deste Blog que pretende ser unha ventana aberta a todo o relacionado coa nosa materia, pero tamén debería servir de canle para compartir ideas, propostas, experiencias e todo o que se nos vaia ocurrindo arredor do amplo espectro que abarca a Xeografía e a Historia.
Benvidos a todos o que aquí se acheguen. Esperamos non defraudar.