viernes, 28 de febrero de 2025

EXCURSIÓN 4º FERROL FEBREIRO 2025

 Este Martes 25 de Febreiro fixemos unha excursión a Ferrol con 45 alumnos de 4º acompañados polos profesores Lourdes, Viaño e Mónica. 

O obxectivo da nosa visita era coñecer o chamado "Ferrol da Ilustración" e así comezamos no ARSENAL coas explicacións da nosa guía Isabel.

ARSENAL

Logo tivemos a inmensa sorte de contar cunha visita a unha fragata F-100, a última e máis moderna da nosa Armada neste momento, a F-105 CRISTÓBAL COLÓN.

Fragata F-105 CRISTÓBAL COLÓN


Máis tarde, estivemos en EXPONAV (Museo da Construción Naval) e xa pola tarde percorremos coas explicacións da nosa guía o BARRIO da MADALENA onde vemos o deseño urbanístico do s. XVIII e tamén a combinación de casas, por un lado, as de galería e por outro as de estilo Modernista do arquitecto Rodolfo Ucha.

BARRIO DA MADALENA

Pincha  na imaxe para ver todas as fotos

lunes, 24 de febrero de 2025

UCRAÍNA: 3 ANOS DE GUERRA


 Hoxe cumpríanse 3 anos do inicio da invasión a grande escala por terra, mar e aire de Ucraína por tropas rusas e reuníanse en Kiev unha docena de líderes internacionais para expresar o seu apoio ao presidente Zelenski e a promesa da axuda duns 3.500 millóns de euros.

A invasión que comezou un 24 de febreiro se 2022 deixa este balance: unhas 13.000 vítimas civís, uns 30.000 feridos, uns 45.000 soldados ucraínos mortos e uns 95.000 rusos; desprazados dentro do país cerca duns 4 millóns e fora do país case 7 millóns e numerosos ataques a hospitais, centros de saúde, escolas e universidades e moitos edificios e infraestruturas cono centrais eléctricas.
Ademais, un 20 % do territorio está ocupado por Rusia na zona Leste do país.



Agora coa chegada á presidencia de Estados Unidos de Donald Trump comeza un momento no que as negociacións entre Rusia e Estados Unidos podería poñer fin á guerra. Pero nelas non está de momento nin Ucraína nin a UE e ademais a petición por parte de Estados Unidos da explotación das terras raras de Ucraína para seguir recibindo apoio militar.