martes, 24 de febrero de 2026

GUERRA DE UCRAÍNA: 4 ANOS

 Hoxe Martes 24 de Febreiro cúmprense 4 anos da invasión de Ucraína polo exército ruso que deixa 4 anos de guerra.

Neste vídeo de RTVE temos un resumo:

viernes, 20 de febrero de 2026

SAGRADA FAMILIA: A IGREXA MÁIS ALTA

 Hoxe venres 20 de Febreiro colocouse a derradeira peza da súa torre máis alta, a Torre de Xesucristo, alcanzando os 172,5 metros. A inauguración e bendición desta torre terá lugar o 10 de Xuño deste ano 2026 conmemorando o centenario da morte do arquitecto Gaudí.


Aquí tes un enlace á web oficial onde temos toda a información sobre o templo:

Hoxe é unha xornada histórica xa que a basílica alcanzou a súa altura máxima de 172,5 metros que a converte no edificio máis alto de Barcelona e tamén na igrexa máis alta do mundo. A torre mide 17 metros, é branca, de cerámica como a quería Gaudí. 

A construción comezouna o 19 de marzo de 1882 e leva ata agora uns 144 anos e pode dicirse que o conxunto está practicamente rematado en altura: a basílica, as fachadas do Nacemento e da Paixón, as torres dos Apóstolos, as dos catro Evanxelistas, a de María (en 2021) e desde hoxe a de Xesús.

Neste vídeo da web oficial podemos ver como foi a colocación:


Neste vídeo do xornal "Mundo Deportivo" vemos o alcance das obras: