miércoles, 18 de agosto de 2021

AFGANISTÁN: O REGRESO DOS TALIBÁNS

 TRAS 20 ANOS, REGRESA O RÉXIME DOS TALIBÁNS A AFGANISTÁN.

En 2001, comezaba unha guerra contra ese país gobernado polos talibáns por acoller ao grupo terrorista AL-QAEDA co seu líder BIN LADEN responsable dos atentados múltiples do 11 de SETEMBRO en Estados Unidos.

A guerra liderada por Estados Unidos á fronte dunha colaición internacional durou 20 anos, os talibáns foron derrotados e desprazados do poder en pouco tempo, Bin Laden capturado en 2011 e en 2014 o presidente Obama plantexaba a saída das tropas e poñer fin a esta guerra.

Pero a realidade era que a medida que foron pasando os anos, a guerra non estaba ganada xa que os ataques dos talibáns foron sendo cada vez máis frecuentes, máis os militares mortos e tamén atentados contra os civís do país e aumentaba a súa presenza no territorio.


Ante a imposibilidade de derrotalos, Estados Unidos busca saír desta guerra e do país marcando como data límite para esa saída finais de AGOSTO de 2021 ante a proximidade do aniversario do 11-S. Comezaron a retirar as tropas desde maio e tamén comezou o avance dos talibáns, que xa controlaban as zonas rurais, sobre as cidades ante a inoperancia do exército e goberno afganos que non amosaron resistencia.


Este DOMINGO 15 de AGOSTO entraron en Kabul e tomaron o palacio presidencial.

O caos apoderouse do país nestes primeiros días, especialmente no aeroporto da capital xa que moitos intentan escapar nos avións que os países occidentais teñen para evacuar ao seu personal diplomático e colaboradores afganos.
O seu goberno entre 1996-2001 foi unha violación brutal dos dereitos humanos, especialmente coas mulleres, amparando o seu goberno na sharía, aplicación da lei islámica máis estrita. Agora comeza  a preocupación do mundo pola amenaza aos dereitos humanos e o risco de que volva ser refuxio do terrorismo.








No hay comentarios:

Publicar un comentario