Hoxe cúmprense 25 anos no poder do presidente ruso Putin que pode chegar ata o ano 2036 sendo case un novo tsar.
Era un 31 de Decembro de 1999 cando o presidente Boris Yeltsin nomeaba sucesor a un case descoñecido Vladimir Putin.
Hoxe cúmprense 25 anos no poder do presidente ruso Putin que pode chegar ata o ano 2036 sendo case un novo tsar.
Era un 31 de Decembro de 1999 cando o presidente Boris Yeltsin nomeaba sucesor a un case descoñecido Vladimir Putin.
Desde que comezou en 2011 a Primavera Árabe, Siria tivo unha revolución que foi reprimida duramente polo réxime de Bachard el Assad, e comezou unha guerra civil que durou 13 años e unha dura represión. Rematou onte tras 11 días en que as forzas opositoras ao réxime conseguiron acabar co mandato de 24 anos de ditadura e de máis de 50 da familia.
A guerra deixa un balance de máis de 500.000 mortos e máis de 5 millóns de sirios desprazados fora do país. O presidente fuxiu a Rusia buscando asilo. As causas desta derrota veñen pola falta de apoio dos seus aliados Rusia, Irán e a profunda crise económica do país.
Aquí neste vídeo de BBC NEWS MUNDO temos un resumo que explica con varias claves o que sucedeu nestes 13 anos:
Agora esa oposición que libera o país está formada por varios grupos entre os que destaca HTS un herdeiro dunha célula de Al-Qaeda no pasado liderado por Al Julani. Queda por ver como evolucionará a situación entre eles.
Tras sufrir un terrible incendio o 15 de ABRIL de 2019 e despois de 5 anos de obras de reconstrución, hoxe 7 de DECEMBRO de 2024 ten lugar a súa reapertura oficial.
Unha semana antes presentaba ao mundo o resultado:
Neste enlace a unha páxina da web BBC NEWS MUNDO temos información sobre como sucedeu o incendio, os danos e como foron os traballos para a súa reconstrución:
A historia desta catedrla comeza no s. XII e durante todo este tempo pasou por diversos momentos que recolle este vídeo de "EL País".
Neste vídeo temos o resumo de como foi o incendio en Abril de 2019:
O pasado 5 de Novembro de 2024 tiveron lugar as eleccións presidenciais en Estados Unidos.
Nesta ocasión, houbo unha vitoria indiscutible do Partido Republicano liderado por Donald Trump.
Gañou en votos electorais, voto popular e tamén terá maioría nas dúas Cámaras: Congreso e Senado.
MARTES 29 DE OUTUBRO DE 2024
Este día quedará para sempre na historia de España por suceder a maior catástrofe natural provocada por unha DANA que afectou ás Comunidades de Valencia e Castela-A Mancha. Pero a provincia máis afectada será Valencia.
O balance é de momento de máis de 200 falecidos e son moitos os desaparecidos.
Mañán Mércores 30 entran en vigor os novos aranceis que a Unión Europea vai impoñer aos coches eléctricos chinos durante 5 anos.
A razón desta imposición é que o Goberno chino ten axudas aos fabricantes que son ilegais e contrarias ás leis de comercio. Con estes aranceis, o obxetivo é lograr unha competencia leal e igualdade de condicións.
Así, Bruxelas impón un arancel do 35,3% ao fabricante SAIC, do 18,8% a GEELY e do 17% a BYD. Ademais, a compañías occidentais que producen en China como TESLA unha tarifa do 7,8%. A isto, China respondeu aplicando aranceis ao brandy europeo e podería pasar o mesmo co porco, o que afectaría directamente a España.
BALANCE DUN ANO DE GUERRA TRAS OS ATAQUES DE HAMAS
O 7 de Outubro de 2023 Hamás levou a cabo unha matanza desde Gaza contra Israel deixando 1.200 mortos e uns 250 secuestrados dos que un centenar aínda non regresaron.
Tras ese ataque feroz, Israel comezou unha guerra en Gaza para acabar con Hamás que ten por balance tras un ano, que se cumpre hoxe, uns 42.000 mortos, case 90.000 feridos, miles de desprazados, a destrucción da maior parte do territorio en escolas, hospitais, vivendas, ...
Pero tras un ano, o conflito está estendido a outras rexións con ataques a Cisxordania, Líbano. Irán, Yemen que poden levar que poden levar a unha escalada na rexión moi perigosa.
Aquí temos 3 enlaces onde podemos atopar información do balance deste anos:
20 MINUTOS: UN AÑO DE GUERRA TRAS EL 7-O
EL MUNDO: ORIENTE PRÓXIMO, LA GUERRA ENTRA EN SU SEGUNDO AÑO Y CONTAGIA A TODA LA REGIÓN
EL PAÍS: ISRAEL INTENSIFICA SU OFENSIVA EN EL ANIVERSARIO DEL ATAQUE DE HAMÁS
Hoxe 6 de XUÑO de 2024 conmemórase o 80ª aniversario do DESEMBARCO DE NORMANDÍA.
O día 15 de MAIO de 1948 máis de 700.000 palestinos foron expulsados das súas casas e deberon emprender un éxodo que os levaría a campos de refuxiados nos países veciños de Xordania e Líbano.
Hoxe calcúlase que os seus descendentes suman uns 5 millóns de persoas que permanecen neses campos e aínda conservan as chaves das súas casas coa esperanza de volver algún día.
Pero en maio de 2024 tras 7 meses de guerra en Gaza, están vivindo de novo un desprazamento masivo que fai pensar nunha segunda "Nakba".
Aquí o recolle moi ben este vídeo de RTVE:
Estas son algunhas das fotos da VIAXE DE FIN DE CURSO que realizaron os alimnos/as entre os días MÉRCORES 24 E LUNS 29 DE ABRIL a Andalucía.
Visitaron as cidades de Sevilla, Córdoba, Granada e Málaga acompañados polos profesores Viaño e Mónica.
![]() |
PINCHA AQUÍ |
O pasado XOVES 18 de ABRIL os/as alumnos/as de 3º realizaron unha excursión a Santiago acompañados das profesoras Blanca, Lourdes e Mónica.
Comezamos o día no PARLAMENTO DE GALICIA cunha visita guiada na que percorremos as distintas dependencias coas explicacións do noso guía Hixinio
![]() |
Praza do Obradoiro |
![]() |
San Martiño Pinario |
![]() |
Museo do Pobo Galego |
![]() |
Pincha na imaxe |
En 1994 tivo lugar un xenocidio contra a poboación tutsi a mans da maioría dos hutus.
Durante 100 días tivo lugar un xenocidio contra a poboación tutsi que deixou uns 800.000 mortos cunha enorme violencia ante a indiferencia e impasibilidade da comunidade internacional.
A masacre comezou ao día seguinte do atentado que costou a vida ao presidente de etnia Hutu e tras meses dunha campaña violenta contra a poboación tutsi.
Hoxe 7 de Abril cúmprense 6 meses dunha guerra que deixa un balance de máis de 33.000 mortos palestinos.
Os pasados días 15, 16 e 17 de Marzo tiveron lugar as eleccións presidenciais en Rusia que gañou o actual presidente Vladimir Putin cun 87% dos votos.
Tras a morte do opositor Navalny no cárcere hai un mes e con outros 3 candidatos "a medida" que non lle farían sombra, o triunfo estaba asegurado. Son eleccións non libres criticadas por medios independentes e entidades de dereitos humanos pola súa falta de garantías democráticas: a oposición non existe xa que está no cárcere ou no exilio.
Con este resultado Putin asegura a presidencia ata 2030 e aínda podería presentarse a outro mandato que o levaría ata 2036. Pero xa no ano 2020 temos neste blog unha entrada na que se indicaba que tras reformar a Constitución, podería ter mandatos de 6 anos que o levarían ata 2036 sendo o mandatario máis lonxevo desde 2000 ata 2036?.
Aquí temos un enlace a unha noticia de El Mundo con máis información:
ELECCIÓNS EN RUSIA 2024
E aquí un vídeo de RTVE:
Hoxe día 7 de Xaneiro cúmprense 3 meses do ataque de Hamás a Israel e dunha guerra de Israel sobre a Franxa de Gaza que está deixando un balance de cifras terrible: por agora, máis de 23.000 palestinos mortos dos que se estima uns 10.000 son nenos, 58.000 feridos, máis de 7.000 desaparecidos, o 85% da poboación de Gaza desprazada; vivendas, escolas, hospitais destruídos, e falta de alimentos, auga e combustibles, ...
A ONU leva alertando da situación infrahumana na que se atopa a Franxa de Gaza pero non consegue deter a guerra.
Aquí neste vídeo de FRANCE 24 recóllese os datos principais.
Tamén temos este video de RTVE sobre o balance destes 3 meses:
![]() |
BIOGRAFÍAS Y VIDAS |
![]() |
EL PAÍS |
![]() |
EL PAÍS |