domingo, 8 de diciembre de 2024

GUERRA DE SIRIA: 2011-2024

 Desde que comezou en 2011 a Primavera Árabe, Siria tivo unha revolución que foi reprimida duramente polo réxime de Bachard el Assad, e comezou unha guerra civil que durou 13 años e unha dura represión. Rematou onte tras 11 días en que as forzas opositoras ao réxime conseguiron acabar co mandato de 24 anos de ditadura e de máis de 50 da familia.

A guerra deixa un balance de máis de 500.000 mortos e máis de 5 millóns de sirios desprazados fora do país. O presidente fuxiu a Rusia buscando asilo. As causas desta derrota veñen pola falta de apoio dos seus aliados Rusia, Irán e a profunda crise económica do país.

Aquí neste vídeo de BBC NEWS MUNDO temos un resumo que explica con varias claves o que sucedeu nestes 13 anos:

Agora esa oposición que libera o país está formada por varios grupos entre os que destaca HTS un herdeiro dunha célula de Al-Qaeda no pasado liderado por Al Julani. Queda por ver como evolucionará a situación entre eles.

No hay comentarios:

Publicar un comentario