martes, 31 de diciembre de 2024

PUTIN: 25 ANOS NO PODER

Hoxe cúmprense 25 anos no poder do presidente ruso Putin que pode chegar ata o ano 2036 sendo case un novo tsar. 



Era un 31 de Decembro de 1999 cando o presidente Boris Yeltsin nomeaba sucesor a un case descoñecido Vladimir Putin.


Neste enlace a RTVE temos un resumo do que significaron eses 25 anos e do como é a situación actual no país.





domingo, 8 de diciembre de 2024

GUERRA DE SIRIA: 2011-2024

 Desde que comezou en 2011 a Primavera Árabe, Siria tivo unha revolución que foi reprimida duramente polo réxime de Bachard el Assad, e comezou unha guerra civil que durou 13 años e unha dura represión. Rematou onte tras 11 días en que as forzas opositoras ao réxime conseguiron acabar co mandato de 24 anos de ditadura e de máis de 50 da familia.

A guerra deixa un balance de máis de 500.000 mortos e máis de 5 millóns de sirios desprazados fora do país. O presidente fuxiu a Rusia buscando asilo. As causas desta derrota veñen pola falta de apoio dos seus aliados Rusia, Irán e a profunda crise económica do país.

Aquí neste vídeo de BBC NEWS MUNDO temos un resumo que explica con varias claves o que sucedeu nestes 13 anos:

Agora esa oposición que libera o país está formada por varios grupos entre os que destaca HTS un herdeiro dunha célula de Al-Qaeda no pasado liderado por Al Julani. Queda por ver como evolucionará a situación entre eles.

sábado, 7 de diciembre de 2024

REAPERTURA DA CATEDRAL DE NOTRE DAME DE PARÍS

 Tras sufrir un terrible incendio o 15 de ABRIL de 2019 e despois de 5 anos de obras de reconstrución, hoxe 7 de DECEMBRO de 2024 ten lugar a súa reapertura oficial.

Unha semana antes presentaba ao mundo o resultado:


Neste enlace a unha páxina da web BBC NEWS MUNDO temos información sobre como sucedeu o incendio, os danos e como foron os traballos para a súa reconstrución:

"MILES DE ARTESANOS Y UNA PROMESA PRESIDENCIAL: CÓMO FRANCIA LOGRÓ RECONSTRUÍR NOTRE DAME EN SÓLO 5 AÑOS"

A historia desta catedrla comeza no s. XII  e durante todo este tempo pasou por diversos momentos que recolle este vídeo de "EL País".

Neste vídeo temos o resumo de como foi o incendio en Abril de 2019: