miércoles, 6 de marzo de 2013

VISITA Á CIDADE DA CULTURA E MUSEO DO POBO GALEGO

O venres día 1 de marzo, o alumnado de 2º de ESO realizou unha saída didáctica, que incluía unha visita á Cidade da Cultura e ao Museo do Pobo Galego.
Durante a hora e media que durou a visita á Cidade da Cultura as alumnas e alumnos puideron comprobar a grandiosidade arquitectónica da obra de Peter Eisenman, así como visitar no Museo a exposición temporal Gallaecia Pétrea que presenta un percorrido pola historia de Galicia a través de restos pétreos arquitectónicos e escultóricos.
Con posterioridade o grupo trasladouse oa Convento de San Domingos de Bonaval para a visita ao Museo do Pobo Galego. A mesma centrouse na igrexa do convento, dos séculos XIII e XIV, único exemplo que se conserva en Compostela do gótico mendicante, e onde se atopa o Panteón dos galegos ilustres. Logo tamén visitaron as salas dedicadas á vida no campo e no mar, e por suposto a tripla escaleira helicoidal e a fachada do convento, obras de Domingo de Andrade. 




1 comentario:

  1. Moitas gracias por facernos un resumo da saída e compartir as fotos

    ResponderEliminar