martes, 7 de mayo de 2013

VISITA A SANTIAGO 2013


Un ano máis os alumnos de 4º da ESO fixeron unha excursión a Santiago. Neste caso, foi o pasado xoves 2 de maio. Comezamos a visita polo Parlamento de Galicia, a continuación fixemos un percorrido polo centro histórico coas explicacións dos profesores Pepe Viaño e Mónica Vilariño. Xa pola tarde, estivemos na Catedral percorrendo o seu interior e as prazas que a rodean e subimos ás cubertas da Catedral onde disfrutamos dunhas excelentes vistas. Todo isto nun día de sol precioso e cuns alumnos estupendos.

No hay comentarios:

Publicar un comentario