lunes, 17 de febrero de 2014

XORNADAS DA EMIGRACIÓN DE VEDRA A AMÉRICA

Nestes días os alumnos de 3º e 4º da ESO tiveron unhas xornadas nas que traballamos co tema da Emigración de Vedra a América
Por un lado, os alumnos de 3º percorreron unha exposición, instalada no noso Colexio, con paneis realizada con motivo no 2010 dos 100 anos das Sociedades de Emigrantes de Vedra en Bos Aires. No caso de 4º xa o fixeron no curso pasado. 
Por outro lado, a historiadora Rocío Botana Iglesias impartiu unha charla para 3º o martes 11 e para 4º o xoves 13 onde explicou este tema que forma parte da súa investigación sobre a Emigración a América na comarca de Santiago. Con ela colaboraron os alumnos no mes de outubro cubrindo unhas enquisas sobre familiares emigrados a América. 
Dada a enorme importancia que este feito migratorio ten no noso concello de Vedra, cabe dicir que foron moitos os alumnos que sí os tiñan e puideron aportar enquisas. Como profesora da materia en 3º e 4º quero resaltar a súa colaboración e tamén que foi unha oportunidade para facelos investigar na súa propia historia.

No hay comentarios:

Publicar un comentario