O pasado mércores 14 de Maio os alumnos de 4º realizaron a excursión a Santiago acompañados polos profesores do Departamento Viaño e Mónica.
Realizamos un percorrido guiado polo centro histórico, a Catedral, as prazas que a rodean, e xa pola tarde as cubertas da Catedral, a igrexa de San Martiño de Pinario e o Museo do Pobo Galego para ver a arquitectura de Domingo de Andrade e o Panteón de Galegos Ilustres.
Por moito tempo que pase, hai cousas que nunca cambiarán jajaja, aínda recordo como se fose onte cando lle tocou a miña promoción visitar as cubertas... e de eso fai xa 4 anos!
ResponderEliminarPor moitos anos que pasen, sempre cada ano o fago coa mesma ilusión porque cada promoción é especial e encántame compartilo.
EliminarGrazas por non olvidarnos.