miércoles, 20 de mayo de 2015

VISITA DE 2º Á CATEDRAL DE SANTIAGO

O mércores 20 de Maio ded 2015 os alumnos de 2º acompañados polas profesoras Pilar Blanco e Mónica realizamos unha visita a Santiago.
Percorrimos as catro prazas que rodean a Catedral. A continuación, subimos ás cubertas e logo fixemos unha visita tamén guiada ao Museo da Catedral onde descubrimos as campás do s. XVIII, o claustro, a biblioteca cun facsímil do Códice Calixtino, a Sala Capitular, tapices de Rubens e Goya e paseamos pola balconada cunhas preciosas vistas cara á Praza do Obradoiro.
Por último, visitamos o interior da Catedral.





No hay comentarios:

Publicar un comentario