sábado, 14 de mayo de 2016

SAÍDA POR VEDRA MAIO 2016

Os alumnos de 4º fixeron unha saída polo Concello de Vedra o pasado luns 2 de maio acompañados polas profesoras Mª José, Xulia e Mónica.
Estivemos acompañados por unha guía moi especial, un antiga alumna do centro, Inés Ferradáns. Dáse a casualidade que con ela de alumna fixemos esta mesma saída no ano 2010.
Visitamos o Pazo de Ortigueira así como a igrexa disfrutando dos fermosos xardíns e do magnífico retablo da igrexa.
Logo estivemos en Ponte Ulla visitando  a súa igrexa que conserva diversas partes de distintas épocas, a Ponte de Gundián, a capela de Gundián e o mirador. Rematamos en San Mamede admirando a súa igrexa e o seu interior cunha capela maior románica e un retablo barroco.

Pincha na imaxe







No hay comentarios:

Publicar un comentario