martes, 2 de mayo de 2023

EXCURSIÓN DE 3º A SANTIAGO

 O pasado XOVES 27 de ABRIL os alumnos e as alumnas de 3º fixeron unha excursión a Santiago acompañados polas profesoras Lourdes e Mónica. 
Comezamos cun percorrido polo CENTRO HISTÓRICO nun espléndido día de sol que rematamos na Catedral. Alí tiñamos a visita ao PÓRTICO DA GLORIA, ao MUSEO e ao interior da CATEDRAL. Foi a primeira vez que volvía levar a un grupo ao Pórtico da Gloria despois de varios anos de restauración e de anos sen excursións pola covid. 
Tras saír da Catedral percorremos as 4 prazas que a rodean para explicar e admirar os marabillosos edificios que as compoñen: PRATERÍAS, QUINTANA, OBRADOIRO e INMACULADA. Temos en España moitas catedrais espléndidas pero ningunha rodeada de catro prazas con edificios, fachadas como a nosa.
Por último, a última das catro portas da antiga muralla que vimos, a Porta do Camiño levounos ao nsos último destino, o MUSEO do POBO GALEGO onde admiramos a arquitectura de Domingo de Andrade coa súa fabulosa escaleira, fachadas, claustro e tamén na igrexa o Panteón de Galegos Ilustres.

FOTOS





No hay comentarios:

Publicar un comentario