lunes, 16 de octubre de 2023

VISITA A FERROL 4º ESO

 O pasado Martes 10 de Outubro realizamos cos cursos de 4º unha viaxe ao "Ferrol da Ilustración" coas profesoras Lourdes e Mónica.

Nun espléndido día de sol e calor comezamos polo Arsenal, logo o Museo da Construción Naval (Exponav), un percorrido a pe polo Barrio da Magdalena e finalmente pola tarde a visita ao Castelo de San Filipe.

Nesta ocasión non puidemos subir a bordo dunha fragata F-100 por estar en labores de mantemento pero sí tivemos a sorte de ver un patrulleiro no interior do famoso Dique da Campá, dique seco que se atopa no interior do Arsenal sendo no s. XIX o maior do mundo e a maior obra hidráulica en España no s. XIX.


En Exponav achegámonos aos secretos da navegación no pasado e no presente a través de maquetas e diferentes paneis; no percorrido pola cidade no Barrio da Magadalena ademais do urbanismo do s. XVIII vimos os diferntes modelos de casas e puidemos admirar as pinturas recentemente restauradas no Casino de Rodolfo Ucha, arquitecto do Modernismo tan presente na cidade.

Pola tarde, rematamos o día coas espectaculares vistas da ría de Ferrol visitando o Castelo de San Filipe que conta agora cun Centro de Interpretación.

Despois de 3 anos sen realizar esta visita co paréntese obrigado pola Covid, foi unha sorpresa atoparnos con estas tres novedades e afondar na pegada que deixou na cidade a Ilustración do s. XVIII, o Modernismo no s. XIX e por suposto, os castelos defensivos da época do s. XVI no reinado de Filipe II.

Pincha na imaxe







No hay comentarios:

Publicar un comentario