lunes, 8 de diciembre de 2025

KLIMT: "RETRATO DE ELISABETH LEDERER" A SEGUNDA OBRA MÁIS CARA DA HISTORIA

 O pasado mes de Novembro a casa de subastas SOTHEBY´S de Nova York convertía un cadro de GUSTAVE KLIMT o "Retrato de Elisabeth Lederer" na segunda obra de arte máis cara da historia sendo vendida por 236 millóns de dólares (203 millóns de euros).


ENLACE A ESTA NOTICIA: RTVE

Por agora, é a segunda xa que a obra máis cara segue sendo o "Salvatore Mundi" de LEONARDO da VINCI que foi vendida en 2017 noutra subasta por 450 millóns. 


E a terceira máis cara pasa a ser unha obra de ANDY WARHOL, unha "serigrafía azul de Marilyn Monroe" vendida por 195 millóns en 2022.


Enlace á noticia neste BLOG

jueves, 23 de octubre de 2025

ENCONTRO DESPOIS DE 500 ANOS DO CISMA ANGLICANO

 Este xoves 23 de Outubro tivo lugar un feito histórico. O Papa León XIV e o rei de Inglaterra Carlos III, gobernador supremo da Igrexa anglicana, rezaron xuntos na Capela Sixtina.

Papa León XIV e Carlos III

Esta escena non se producía desde fai case 500 anos xa que en 1534 tiña lugar o cisma que dou lugar a aparición da Igrexa anglicana tras producirse a ACTA DE SUPREMACÍA pola que o rei Henrique VIII de Inglaterra rompía con Roma pola negativa a concederlle o divorcio da súa muller Catalina de Aragón.

Rei Henrique VIII

Desde aquela a Igrexa anglicana ten como máximo representante ao rei de Inglaterra. Precisamente, hai uns días o rei Carlos III nomeaba por primeira vez a unha muller, Sarah Mullaly, arcebispa de Canterbury, o rango máis alto na Igrexa anglicana.

Sarah Mullaly

martes, 7 de octubre de 2025

7-0utubro 2025: 2 ANOS DE GUERRA ISRAEL-PALESTINA

 Hoxe martes 7 de Outubro de 2025 cúmprense 2 anos do ataque de HAMÁS a Israel que deixou uns 1.200 mortos e secuestrar a 251 persoas. Foi un ataque brutal que collía por sorpresa a Israel.

Pero, desde ese día Israel emprendeu unha guerra contra a Franxa de Gaza que deixa tras 2 anos de guerra máis de 67.000 palestinos mortos, dos cales máis de 20.000 son nenos e nenas; case un millón de desprazados. 

Pero ademais, estímase que máis do 90% das vivendas están danadas ou destruidas; os sistemas de saúde, auga, saneamento e hixiene colapsaron e moitos expertos respaldados pola ONU afirman que existe hambruna. Un informe de investigación da ONU afirma que Israel cometeu xenocidio contra os palestinos en Gaza aínda que Israel o rexeita.

Neste enlace temos un reportaxe de BBC NOTICIAS que resume o sucedido nestes 2 anos e incluso de forma interactiva os momentos clave.

"MAPAS E IMÁGENES SATELITALES DE LA DEVASTACIÓN EN GAZA"

Estes días Israel e HAMÁS están discutindo un posible plan de paz coa mediación de Estados Unidos, Exipto e Qatar que suporía a liberación de 48 reféns, moitos deles mortos, a liberación de presos palestinos, a entrega das armas por parte de Hamás e a renuncia a controlar Gaza. Trátase dun plan de 20 puntos propostp por Trump que sería o máis preto que se estivo de acadar a paz.

PLAN DE PAZ: noticia na web BBC NEWS

lunes, 29 de septiembre de 2025

80ª ANIVERSARIO DA ONU: GRANDES DESAFÍOS

 En 1945 cando remataba a 2ª Guerra Mundial nacía a ONU, Organización das Nacións Unidas, tras reunirse os delegados de 50 países na Conferencia de San Francisco para redactar o documento fundacional.


O 25 de Xuño de 1945 na última sesión da Conferencia de San Francisco foi aprobada por unanimidade a Carta das Nacións Unidas
Hoxe está formada por 193 Estados membros e dous Estados observadores Palestina e o Vaticano.
O pasado 22 de Setembro comezaba a reunión anual da Asemblea Xeral en Nova York onde o Secretario Xeral, Antonio Guterres, daba un discurso con motivo do 80ª aniversario da creación das Nacións Unidas. Nel rendía homenaxe ao legado da Organización, destacou os seus logros históricos e lanzou un chamado urxente á unidade e á renovación do multilateralismo fronte aos desafíos actuais.


"Hoxe o sistema multilateral afronta graves ameazas", afirmou, como o dereito internacional pisoteado en Gaza, Ucraína e Sudán. Pero tamén unha serie de crises globais: o aumento da pobreza e a fame, o estancamento nos Obxectivos do Desenvolvemento Sustentable e o caos climático que avanza con inundacións, incendios e temperaturas récord.
Pero este ano será lembrado tamén por varios motivos: a intervención do presidente de Estados Unidos, Donald Trump, a do mandatario de Israel, Benjamin Netanyahu, e tamén porque nos días previos moitos países recoñeceron a Palestina como Estado ata un total de 157 países.
Trump arremete contra a ONU desde a Asemblea Xeral:


Tamén foi histórico o momento en que o primeiro ministro de Israel, Benjamin Netanjahu, fixo a súa intervención ante a Asemblea Xeral quedándose practicamente so polo abandono da maioría dos países que lle fixeron un boicot en protesta pola masacre en Gaza.


E, por último, a situación dramática en Gaza con máis de 66.000 mortos fixo que nos últimos días moitos países decidiran recoñecer a Palestina como Estado, sendo un total de 157 países.


miércoles, 6 de agosto de 2025

80 ANOS DA BOMBA ATÓMICA SOBRE HIROSHIMA

 


O 6 de agosto de 1945 un avión de Estados Unidos, chamado Enola Gay, lanzaba sobre a cidade de Hiroshima unha bomba, Little Boy, de 4 toneladas de peso con uranio enriquecido que deixaría uns 140.000 mortos.

En segundos a explosión liberou unha gran cantidade de enerxía, o aire transgormouse en lume e a calor acadou uns 4.000 graos centígrados. De 90.000 edificios, uns 60.000 quedaron destruidos.

Tres días máis tarde, o 9 de agosto outro avión estadounidense lanzará outra bomba máis potente sobre a cidade de Nagasaki que deixará 40.000 mortos no mesmo día e outros 30.000 ata 1945.


martes, 20 de mayo de 2025

EXCURSIÓN DE 3º A SANTIAGO 2025

 O pasado Xoves 8 de Maio fixemos unha excursión a Santiago cos grupos de 3º da ESO acompañados polos profesores Lourdes, Viaño e Mónica.

Comezamos o día coa visita guiada polo PARLAMENTO de GALICIA onde visitamos diferentes estancias e asistimos en directo a dúas Comisións.


Logo comezamos un percorrido polo centro histórico que nos levaría ata a CATEDRAL á que accedimos a última hora da mañán.



Estivemos nas 4 PRAZAS que rodean a Catedral para comentar os espléndidos edificios que as compoñen:

Xa pola tarde puidemos visitar o PÓRTICO DA GLORIA e rematamos o día no MUSEO do POBO GALEGO para disfrutar da arquitectura de Domingo de Andrade coa súa magnífica escaleira, o claustro e a igrexa co Panteón de Galegos Ilustres.
 

viernes, 2 de mayo de 2025

EXCURSIÓN AO MOSTEIRO DE OSEIRA E OURENSE 2º ESO 2025

 O pasado Mércores 23 de Abril os dous grupos de 2º realizaron unha viaxe á provincia de Ourense acompañados polos profesores Lourdes, Viaño e Mónica. As visitas eran o Mosteiro de Oseira (Cea) e a cidade de Ourense.

Así, pola mañán, coñeceron un mosteiro medieval coas súas diferentes partes nunha visita guiada ao Mosteiro de Santa María de Oseira no concello de San Cristovo de Cea. Alí vimos os seus tres claustros, a antiga Sala Capitular (coñecida como a Sala das Palmeiras) e a Igrexa onde admiramos as espectaculares bóvedas de cruzaría; a Escaleira de Honor, o Museo Arqueolóxico, o Refectorio, ...


 Logo emprendemos viaxe cara á cidade de Ourense onde, ao chegar, estivemos nas dúas pontes que cruzan o río Miño, a máis antiga a Ponte Romana e a máis recente a Ponte do Milenio

Tras o xantar no centro comercial A Ponte Vella completamos pola tarde a visita na Catedral de Ourense (aquí con visita guiada) con especial atención ao Retablo Maior, a Capela do Santo Cristo e por suposto o Pórtico do Paraíso

 

Por último, a tarde rematou coa visita ás Burgas para coñecer as propiedades destas augas que aportan a esta cidade o seu carácter termal.


Así, buscábamos atopar os lugares máis destacados desta cidade de Ourense como é a Ponte Romana, as Burgas e a súa Catedral co Santo Cristo e o seu Pórtico do Paraíso. Durante este curso de 2º era unha parte fundamental dos contidos explicados a historia e a arte medieval en Galicia que con este día tan completo tivemos a oportunidade de achegarnos.

Fixo un tempo espléndido con sol e calor, axudaron nas explicacións os profesores Lourdes e Viaño e, por suposto, os/as alumnos/as tiveron un comportamento excelente sendo felicitados polas dúas guías que nos acompañaron en Oseira e na Catedral de Ourense. A súa profe de Historia agradécello moito a todos eles.

Pincha para máis fotos


viernes, 11 de abril de 2025

VIAXE A PARÍS 2025

 Os días 3, 4, 5, 6 e 7 de Abril realizaron a súa Viaxe de Fin de Estudos a PARÍS os/as alumnos/as de 4º da ESO. Foron un total de 44 acompañados de 3 profesores Marcos, Viaño e Mónica.

O primeiro día, xoves 3, tras chegar en avión ao aeroporto Charles de Gaulle fixemos unha visita panorámica en autobus pola cidade percorrendo diversas rúas e lugares, entre eles o Barrio Latino, Panteón, Palacio e Xardíns de Luxemburgo, Ópera, ...

O segundo día, venres 4, estivemos todo día en DISNEY onde disfrutamos das atraccións dos 2 parques. 

O terceiro día, sábado 5, comezamos na Catedral de Notre Dame onde apreciamos no seu interior a restauración da mesma tras o incendio sufrido e que foi aberta ao público no pasado decembro. Logo tras un paseo xunto ao Sena fixemos unha visita ao Museo do Louvre admirando moitas das obras escultóricas e pictóricas que estudamos en clase. Pola tarde, fixemos un paseo que nos levou polos Xardíns das Tullerías ata a Praza da Concordia e desde alí ata a Ponte de Alexandre III para finalizar nos Inválidos.

O cuarto día, domingo 6, comezamos o día no Barrio de Montmartre visitando a Basílica de Sacre Couer, a Praza de Tertre e coa vista panorámica impresionante da cidade de París desde o punto máis alto de París. Logo nos diriximos ao Palacio de Versalles onde tivemos unha visita guiada e, ao rematar ésta, tamén visitamos os Xardíns do Palacio.

O quinto e último día, luns 7, comezamos cun Paseo en barco polo río Sena e rematamos xunto á Torre Eiffel que non pode ser mellor remate a unha viaxe espectacular.

Son 5 días que a moitos parecéronlles poucos e ademais acompañados por un tempo espléndido con sol e incluso calor en moitos momentos. Os 3 profesores que os acompañamos agradecemos aos nosos alumnos que se portasen tan ben e máis aínda co número tan elevado que eran nesta ocasión.

E para a profesora que lles imparte Historia e Arte durante estes últimos cursos foi un pracer poder ensinarlles alí tantos lugares e obras que fomos estudando en clase.

Aquí deixo un enlace a unha selección das fotos máis destacadas:




viernes, 28 de febrero de 2025

EXCURSIÓN 4º FERROL FEBREIRO 2025

 Este Martes 25 de Febreiro fixemos unha excursión a Ferrol con 45 alumnos de 4º acompañados polos profesores Lourdes, Viaño e Mónica. 

O obxectivo da nosa visita era coñecer o chamado "Ferrol da Ilustración" e así comezamos no ARSENAL coas explicacións da nosa guía Isabel.

ARSENAL

Logo tivemos a inmensa sorte de contar cunha visita a unha fragata F-100, a última e máis moderna da nosa Armada neste momento, a F-105 CRISTÓBAL COLÓN.

Fragata F-105 CRISTÓBAL COLÓN


Máis tarde, estivemos en EXPONAV (Museo da Construción Naval) e xa pola tarde percorremos coas explicacións da nosa guía o BARRIO da MADALENA onde vemos o deseño urbanístico do s. XVIII e tamén a combinación de casas, por un lado, as de galería e por outro as de estilo Modernista do arquitecto Rodolfo Ucha.

BARRIO DA MADALENA

Pincha  na imaxe para ver todas as fotos

lunes, 24 de febrero de 2025

UCRAÍNA: 3 ANOS DE GUERRA


 Hoxe cumpríanse 3 anos do inicio da invasión a grande escala por terra, mar e aire de Ucraína por tropas rusas e reuníanse en Kiev unha docena de líderes internacionais para expresar o seu apoio ao presidente Zelenski e a promesa da axuda duns 3.500 millóns de euros.

A invasión que comezou un 24 de febreiro se 2022 deixa este balance: unhas 13.000 vítimas civís, uns 30.000 feridos, uns 45.000 soldados ucraínos mortos e uns 95.000 rusos; desprazados dentro do país cerca duns 4 millóns e fora do país case 7 millóns e numerosos ataques a hospitais, centros de saúde, escolas e universidades e moitos edificios e infraestruturas cono centrais eléctricas.
Ademais, un 20 % do territorio está ocupado por Rusia na zona Leste do país.



Agora coa chegada á presidencia de Estados Unidos de Donald Trump comeza un momento no que as negociacións entre Rusia e Estados Unidos podería poñer fin á guerra. Pero nelas non está de momento nin Ucraína nin a UE e ademais a petición por parte de Estados Unidos da explotación das terras raras de Ucraína para seguir recibindo apoio militar.


martes, 28 de enero de 2025

80 ANOS DA LIBERACIÓN DE AUSCHWITZ

 Este luns 27 de Xaneiro conmemorouse a liberación hai 80 anos do campo de concentración e de exterminio situado en Polonia.