O pasado Mércores 23 de Abril os dous grupos de 2º realizaron unha viaxe á provincia de Ourense acompañados polos profesores Lourdes, Viaño e Mónica. As visitas eran o Mosteiro de Oseira (Cea) e a cidade de Ourense.
Así, pola mañán, coñeceron un mosteiro medieval coas súas diferentes partes nunha visita guiada ao Mosteiro de Santa María de Oseira no concello de San Cristovo de Cea. Alí vimos os seus tres claustros, a antiga Sala Capitular (coñecida como a Sala das Palmeiras) e a Igrexa onde admiramos as espectaculares bóvedas de cruzaría; a Escaleira de Honor, o Museo Arqueolóxico, o Refectorio, ...
Tras o xantar no centro comercial A Ponte Vella completamos pola tarde a visita na Catedral de Ourense (aquí con visita guiada) con especial atención ao Retablo Maior, a Capela do Santo Cristo e por suposto o Pórtico do Paraíso.
Por último, a tarde rematou coa visita ás Burgas para coñecer as propiedades destas augas que aportan a esta cidade o seu carácter termal.
Así, buscábamos atopar os lugares máis destacados desta cidade de Ourense como é a Ponte Romana, as Burgas e a súa Catedral co Santo Cristo e o seu Pórtico do Paraíso. Durante este curso de 2º era unha parte fundamental dos contidos explicados a historia e a arte medieval en Galicia que con este día tan completo tivemos a oportunidade de achegarnos.
Fixo un tempo espléndido con sol e calor, axudaron nas explicacións os profesores Lourdes e Viaño e, por suposto, os/as alumnos/as tiveron un comportamento excelente sendo felicitados polas dúas guías que nos acompañaron en Oseira e na Catedral de Ourense. A súa profe de Historia agradécello moito a todos eles.
![]() |
Pincha para máis fotos |
No hay comentarios:
Publicar un comentario