viernes, 11 de abril de 2025

VIAXE A PARÍS 2025

 Os días 3, 4, 5, 6 e 7 de Abril realizaron a súa Viaxe de Fin de Estudos a PARÍS os/as alumnos/as de 4º da ESO. Foron un total de 44 acompañados de 3 profesores Marcos, Viaño e Mónica.

O primeiro día, xoves 3, tras chegar en avión ao aeroporto Charles de Gaulle fixemos unha visita panorámica en autobus pola cidade percorrendo diversas rúas e lugares, entre eles o Barrio Latino, Panteón, Palacio e Xardíns de Luxemburgo, Ópera, ...

O segundo día, venres 4, estivemos todo día en DISNEY onde disfrutamos das atraccións dos 2 parques. 

O terceiro día, sábado 5, comezamos na Catedral de Notre Dame onde apreciamos no seu interior a restauración da mesma tras o incendio sufrido e que foi aberta ao público no pasado decembro. Logo tras un paseo xunto ao Sena fixemos unha visita ao Museo do Louvre admirando moitas das obras escultóricas e pictóricas que estudamos en clase. Pola tarde, fixemos un paseo que nos levou polos Xardíns das Tullerías ata a Praza da Concordia e desde alí ata a Ponte de Alexandre III para finalizar nos Inválidos.

O cuarto día, domingo 6, comezamos o día no Barrio de Montmartre visitando a Basílica de Sacre Couer, a Praza de Tertre e coa vista panorámica impresionante da cidade de París desde o punto máis alto de París. Logo nos diriximos ao Palacio de Versalles onde tivemos unha visita guiada e, ao rematar ésta, tamén visitamos os Xardíns do Palacio.

O quinto e último día, luns 7, comezamos cun Paseo en barco polo río Sena e rematamos xunto á Torre Eiffel que non pode ser mellor remate a unha viaxe espectacular.

Son 5 días que a moitos parecéronlles poucos e ademais acompañados por un tempo espléndido con sol e incluso calor en moitos momentos. Os 3 profesores que os acompañamos agradecemos aos nosos alumnos que se portasen tan ben e máis aínda co número tan elevado que eran nesta ocasión.

E para a profesora que lles imparte Historia e Arte durante estes últimos cursos foi un pracer poder ensinarlles alí tantos lugares e obras que fomos estudando en clase.

Aquí deixo un enlace a unha selección das fotos máis destacadas:




No hay comentarios:

Publicar un comentario