Hoxe venres 20 de Febreiro colocouse a derradeira peza da súa torre máis alta, a Torre de Xesucristo, alcanzando os 172,5 metros. A inauguración e bendición desta torre terá lugar o 10 de Xuño deste ano 2026 conmemorando o centenario da morte do arquitecto Gaudí.
Hoxe é unha xornada histórica xa que a basílica alcanzou a súa altura máxima de 172,5 metros que a converte no edificio máis alto de Barcelona e tamén na igrexa máis alta do mundo. A torre mide 17 metros, é branca, de cerámica como a quería Gaudí.
A construción comezouna o 19 de marzo de 1882 e leva ata agora uns 144 anos e pode dicirse que o conxunto está practicamente rematado en altura: a basílica, as fachadas do Nacemento e da Paixón, as torres dos Apóstolos, as dos catro Evanxelistas, a de María (en 2021) e desde hoxe a de Xesús.
Neste vídeo da web oficial podemos ver como foi a colocación:

No hay comentarios:
Publicar un comentario